lunes, 2 de marzo de 2015

MARZO: Tecendo emocións

Para este mes finalizaremos o noso traballo con Reflejarte, do Programa Educación Responsable. Ao longo deste trimestre, o alumnado descubriu un xeito diferente de arte, en relación coa expresión emocional.

Chega o momento, agora, de construír a nosa obra de arte. Para iso, imos desenvolver "Tecendo Emocións". Pero precisamos da vosa axuda:

"Tecendo Emocións" consiste na creación dunha composición a partir das teas que significan algo emocionalmente importante para nós. Xa temos moi claro cal será a nosa obra, pero agora estamos a recoller esas "teas emocionais".

Aínda que a tarefa é para o alumnado de 5º e 6º, queremos facer partícipe a todas as familias, porque o resultado final será un obxecto/espazo que formará parte da nosa escola e terá unha aplicación para todos nós.

Se queres que un anaco de tea te represente neste noso "Tecendo Emocións" tes que enviárnola e escribir nunha tarxetiña o motivo polo que ese anaco é importante para ti. Non esquezas que o que nos envíes quedará na escola, formando parte dunha creación que é de todos e para todos.

O último día para entregarnos esa prenda é o día 9 de marzo. Contamos contigo!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario