viernes, 20 de junio de 2014

XUÑO: COLABORANDO COA ANPA

A ANPA do CEIP SAN XOÁN solicitounos que publicásemos unha entrada informativa para publicitar que:

O DÍA 21 DE XUÑO CELEBRARASE NO IES DE BECERREÁ UN MERCADILLO DE LIBROS, no que poderedes atopar libros de texto de infantil, primaria ou secundaria, novelas, comics, revistas, tebeos... discos, xogos...
TAMÉN HABERÁ UNA FEIRA EDUCATIVA, na que contactar con educadores que desenvolverán nos próximos meses actividades na zona.
ORGANIZARANSE OBRADOIROS mentres dure o mercado de libros.

XUÑO: CITADOS NO "BLOG NACIONAL DE EMBAJADORES eTwinning"

No Blog Nacional de Embajadores eTwinning, acaban de publicar unha entrada na que se describe unha actividade compartida dun dos proxectos que se desenvolveron no noso centro durante este curso que finaliza. Trátase da actividade 6 (Estatística) do Proxecto eTwinning levado a cabo na aula PT, dentro da Campaña de Difusión "Súbete a un Proxecto en Marcha" da Embaixada eTwinning en Galicia.

Foi un pracer ver o noso centro nun blogue de difusión de carácter nacional. Compartimos convosco o enlace.

XUÑO: FESTA DE FIN DE CURSO

O día 20 de xuño celebramos o fin de curso.

Como os últimos anos, a ANPA participa connosco organizando as exhibicións de Ximnasia Rítmica e Judo.

Os horarios para este día son:

10:00 a 12:00: Festas de despedida, nas aulas, cos titores.
12:00 a 13:30: Exhibicións e xornada de portas abertas para as familias.


A partir das 12:00 abriremos o Mercado Solidario, no patio do colexio, para continuar co noso labor de axuda. Non podes perdelo!


 








jueves, 19 de junio de 2014

XUÑO: QUEN CUMPRE ANOS? III

Co fin de curso chega, tamén, a celebración dos aniversarios de todos os que cumpren entre abril e agosto. Parabéns para todos!

Estas son as fotos do día


E estas as montaxes fotográficas!!

miércoles, 18 de junio de 2014

XUÑO: AVALIANDO O PLAN PROXECTA

Chega o fin de curso e, con el, as avaliacións. Durante este ano traballamos moito no noso Plan Proxecta, en colaboración co ENDL, o Equipo de Biblioteca e o TIC, así como o Grupo de Traballo creado para a formación do profesorado no colexio.

Este é, polo tanto, un momento propicio para a avaliación de todo o feito. Por iso, alumnos e profesores participamos nunha xornada de revisión do feito e de elaboración de conclusións conxunta.

A orde do día desta sesión de avaliación foi a que segue:


1. Revisión do documento que recolle as 63 actividades levadas a cabo durante este curso e que se incluíron na memoria do Plan Proxecta. Observación das liñas de traballo xerais que as conteñen.

2. Expresión das valoracións persoais de cada alumno, mediante o recheo das "Dianas de Valoración" feitas para a ocasión. A primeira diana recolle aspectos temáticos do proxecto e a segunda, aspectos metodolóxicos do seu desenvolvemento.


3. Expresión das valoracións persoais de cada alumno: Os grupos de 5º e 6º responderon este cuestionario. Podes ver aquí os resultados do mesmo.

4. Revisión dos resultados e conclusións da sesión, en presencia do Equipo Directivo e a Xefa do Departamento de Orientación.



Por outra banda, os profesores respondimos tamén un cuestionario. Podes ver aquí os resultados.

Parece que a nosa visión do feito e das posibilidades de traballar co Plan Proxecta son moi positivas!

Damián e Tamara explican as dianas de avaliación











Joana e Miguel explican os resultados do formulario



Estas son imaxes do día:





martes, 17 de junio de 2014

XUÑO: O MEDIO AMBIENTE NA CONTORNA

O día 18 tivemos unha actividade máis para celebrar o Día Mundial de Medio Ambiente.
Para iso contamos coa axuda de Piélago, pai de Andrea e Iván, e Pío, pai de Laura, que son axentes forestais.

Pasaron polo colexio para falarnos de moitas cousas, unha delas, a máis importante, para facernos comprender que a nosa casa vai máis aló das paredes que a cerran, pois forma parte de todo o ambiente e, do mesmo xeito que temos que coidar os seus cuartos, teríamos que coidar o contorno no que vivimos. E coidar o contorno non só é non tirar lixo, que tamén, senón ser moi respectuosos coas especies e os seus hábitats, para evitar intromisións molestas cuxas repercusións, as máis das veces, pásasennos inadvertidas pero son moi prexudiciais para algúns animais. Neste sentido, faláronnos moito sobre o ruído, moi molesto para certas especies, que poden sufrir de estrés, con el.

Outro dos temas que tratamos foi a reciclaxe, a separación de lixo e o coidado dos montes para evitar os incendios.

Pero a conversación que máis atención captou foi a que tiveron sobre os animais, onde o oso foi un gran protagonista. Neste sentido, tamén aprendimos moito sobre as consecuencias de termos unha mascota en casa que, moitas veces, non nos decatamos da responsabilidade que supón.

Por último, outro dos aspectos comentados foi unha serie de comportamentos que debemos manter cando imos ao monte e encontramos animaliños. O descoñecemento pódenos levar a cometer erros que son certamente importantes.

Estas son imaxes do día:



domingo, 15 de junio de 2014

XUÑO: UN NOVO EXEMPLAR DE FOLLAS REVOLTAS

Para fin de curso sempre editamos a revista escolar anual Follas Revoltas. No número de 2014 a maior innovación pasa por ser coidadosos co medio ambiente e subirnos ao carro das novas tecnoloxías. Por iso, este ano, publicaremos en rede a nosa revista, imprimindo só un número reducido de exemplares que poderedes consultar na Biblioteca Escolar.

Porén, todos teremos acceso a ela e poderemos disfrutar dos diferentes traballos realizados durante o curso.

Follas Revoltas 2014


sábado, 14 de junio de 2014

XUÑO: DOBRANDO PELÍCULAS

A nosa experiencia gravando a curtametraxe deixounos con ganas de máis, por iso, este luns día 9 dobramos películas no Obradoiro de Dobraxe, con Bruno Pena Calvo.

Durante a mañá realizamos a dobraxe e gravación e pola tarde nunha sesión conxunta, vimos todas as nosas creacións.



Estas son as nosas dobraxes:

Trailer orixinal:



Dobraxe do grupo 1:



Dobraxe do grupo 2:




Dobraxe do grupo 3:



Dobraxe do grupo 4:


Aquí e aquí temos todas as imaxes do día

E, neste album, colocamos todas as fotos do visionado das curtametraxes dobradas. Non o perdas!



viernes, 13 de junio de 2014

XUÑO: COLABORANDO COA ASOCIACIÓN "AS CANDELAS"

Como cada ano, o mes de xuño é o San Xoán, e a nosa vila celebra as festas do Patrón.

Como en edicións anteriores, o colexio colabora coa asociación "As Candelas" na elaboración do cartel para as Festas do San Xoán. O alumnado presentou os seus deseños que serán valorados pola organización para a súa publicación.





O día 17 de xuño, representantes da asociación As Candelas fixeron entrega do premio ao Cartel Gañador, que resultou ser o de Diego de 6º. Este é o cartel e estas son as imaxes da entrega de premios:






Aquí podedes ver todos os deseños:




miércoles, 11 de junio de 2014

XUÑO: Saídas de fin de curso.

Rematar o curso e divertirse é complementario coa aprendizaxe. Por iso, en xuño, os nosos nenos saen de excursión e finalizan ciclos de coñecementos.




Os alumnos de primeiro ciclo, saíron o luns 10 a ver Avifauna, en Outeiro de Rei, Lugo. Podes ver aquí todas as fotos do día.










Os alumnos de terceiro ciclo, saíron o martes 11 a ver Allariz e as Charcas naturais da Chavasqueira, en Ourense. Podes ver aquí todas as fotos do día.

martes, 10 de junio de 2014

XUÑO: Charla organizada pola ANPA




O próximo sábado día 14, na Casa da Cultura, a ANPA organiza unha charla sobre o uso de televisión, tablets e videoxogos para o desenvovlemento da intelixencia emocional nos nenos.

O encargado de nos ilustrar é o psicopedagogo Jesús Valiño e o título da conferencia é "La teletavi: ¿pantalla amiga o enemiga?"

viernes, 6 de junio de 2014

XUÑO: De tal muíño, tal fariña


A nosa compañeira Toñi, que nos deleita cos seus riquísimos pratos cada día no comedor é a encargada de finalizar o noso estudo sobre o oficio de muiñeiros. Ao fin, moer é a acción necesaria para obter fariña, unha base fundamental na cociña no día de hoxe, pero, noutros tempos, era sustento fundamental.

Aprendimos que hai diferentes tipos de fariña, agora queda saber para que usos son máis adecuadas.




06_fariña