sábado, 29 de noviembre de 2014

DECEMBRO: Educación Responsable e 1º EP



Durante este trimestre, as actividades de Educación Responsable para o Banco de Ferramentas de Primeiro Ciclo, foron desenvolvidas por Yolanda e os seus alumnos de 1º de Primaria.

Estas son as dúas tarefas que realizamos ata o momento:

Tarefa 1: "A fuego lento"

Realizando esta tarefa aprendimos que é moi importante  entender  que todos temos  algunha
cualidade positiva  e  valorada  polos demáis  e que só necesitamos a oportunidade  para poder demostralo. Aprendimos tamén que é moi importante potenciar o que sabemos facer , pero  debemos intentar mellorar o que non se nos da tan ben.












Tarefa2: "Marisol ten cuidado!"


Que divertida foi esta actividade! Aquí traballamos a empatía, as emocións, os sentimentos … e pasámolo moi ben realizando este  video. Bótalle unha ollada !




viernes, 28 de noviembre de 2014

DECEMBRO: Educación Responsable. BF EP-2

Comezamos co desenvolvemento das actividades do Banco de Ferramentas TIC para o ciclo superior de Educación Primaria.

Tarefa número 1:"Cúidate"

Despois de ver este recurso, o alumnado comeza un debate que pretende analizar o papel da empatía, como ben social e medio de desenvolvemento persoal.

Como resultado, o alumnado propón a gravación dun vídeo semellante ao do recurso proposto, pero con motivos reais que se dan na escola.

Compartímolo convosco:




Alumnado: 6° E.P. - Educación para a Cidadanía
Profesora: Susana
Días dedicados: 20 e 27 de outubro

Tarefa número 2:"No eres buena, eres mejor"

O recurso visionado é este. A partir del, traballamos a autoestima, importantísima no desenvolvemento persoal.
Despois do debate e de discernir sobre cales son as actitudes, aptitudes e caractarísticas que nos definen, traballamos sobre un documento que recollese "as características positivas que nos definen" e este é o resultado:



Tarefa número 3:"Toda una vida"

O recurso visionado é este. Serviunos para traballar a expresión emocional, importantísima nas relacións sociais.
Logo do visionado, estivemos traballando as diferentes emocións e quixemos aproveitar o aprendido no Obradoiro do MAC para encontrar cal é a cor das dúas emocións que máis aparecen na vida escolar, segundo o grupo de alumnos que está a traballar esta batería de recursos: a alegría e a tristeza. Para iso, convidamos aos alumnos de 1º e 2º (e nós mesmos participamos) a que completasen estes gráficos de cor.

Estes son os resultados.



Comprobamos que para os nenos que estiveron nesta actividade, a tristeza é claramente negra, e a alegría píntase de marelo. Xa temos un código novo!!

Podedes ver aquí imaxes do día.


miércoles, 26 de noviembre de 2014

NOVEMBRO: Dotación de Libros para Educación Responsable



Qué sorte!!

Hoxe chegaron os libros de lectura que se recomendan no bloque de Literatura para Educación Responsable.

Estes libros van estar ao dispor de todos na Biblioteca, pero, con prioridade para o profesorado responsable do programa.



Queres saber que libros son?

"Esto que ves es el mar"
"El vicario que hablaba al revés"
"El hombrecillo de papel"
"¡Qué bonito es Panamá!"
"Historias de Ratones"
"Los versos del libro tonto"
"Adivina cuánto te quiero"
"Un bicho raro"
"Nadarín"
"Aventuras de la Mano Negra"




viernes, 21 de noviembre de 2014

NOVEMBRO: SOÑOS ÁRABES

Retomando a actividade do Entre Letras, desde o 24 de novembro ata o 4 de decembro celebraremos "Soños Árabes".

LITERATURA:

Comezaremos cunha Exposición de Libros, desde a Biblioteca Escolar, de temática árabe: contos, arte, civilizacións... Estará na entrada do colexio e os libros serán prestados o xoves 4, no lecer.

O día 26 contaremos coa colaboración de Aziza e Naima, nais de Fátima Z., Ayoub, Asmae, Fátima A. e Muna. Elas achegarán ao noso Entre Letras "Un Conto Árabe", en dúas sesións, ás 12.30 para os nenos máis pequenos (E.I., 1º e 2º) e ás 13:00 para os demais. Este é o video da súa intervención




A partir das 13:45 farán unha demostración de decoración nas mans con henna, para todas as nenas que o desexen, á vez que nos explicarán o significado desta importante tradición. Así foi:




A partir dese día, os alumnos de 2º, 5º e 6º elaborarán diferentes versións plásticas e literarias do conto, que se exporán no recuncho do Entre Letras, para todo o alumnado.

Aziza e Naima quedaron a comer connosco. Elas convidáronnos a doces, pan e té de Marrocos. Mirade qué ben!





MÚSICA:

Nas clases de música, procuraremos unha achega á música árabe. En especial, atenderemos as suxestións de Aziza e Naima, pero tamén escoitaremos a Ara Malikian, considerado un dos mellores violinistas actuais, de orixe armenio, hai un par de meses estivo de xira en Lugo, e deixounos marabillados co seu quefacer.


Podes ver aquí a Ara Malikian explicando e interpretando El Otoño, de "Las Cuatro Estaciones" de Vivaldi para nenos:




ARTE:

O Comedor Escolar recollerá, durante estes días, imaxes de Arquitectura árabe, unha ventá aberta ao mundo.

GASTRONOMÍA:

Na semana seguinte, teremos a ocasión de degustar un menú árabe no Comedor Escolar, no que teremos a sorte de degustar o  famoso Cuscús.


VERSIÓNS DO CONTO:

ESTA É A VERSIÓN DA CLASE DE 6º DE INFANTIL, CON ASMAE



ESTA É A VERSIÓN DA CLASE DE 2º, CON AYOUB:




ESTA É A VERSIÓN DA AULA DE PT, CON FÁTIMA A. (ver a noticia no blog)



lunes, 17 de noviembre de 2014

NOVEMBRO: Liga Profesional de Ortografía



O luns celebramos o segundo encontro da fase de suma de puntos da nosa Liga Profesional de Ortografía. Nesta ocasión, estabamos a repasar os usos do <b> en castelán e os usos do <c> e o <z> en galego.
Os resultados seguen deixando un 6º claro gañador, aínda que moi preto están 2º e 4º. As puntuacións desta segunda edición son:




1º- 6.18            2º - 7.10        3º- 7.50           4º- 7.53   
     
5º- 6.82          6º- 8.25

domingo, 16 de noviembre de 2014

NOVEMBRO: Elixidos Proxecto do Mes no MEC

Acabamos de coñecer que o noso proxecto eTwinning "A historia da miña casa", levado a cabo  co alumnado da Aula de PT, foi elixido Proxecto do Mes polo Servizo Nacional. Este servizo, dependente do Ministerio de Educación, coordina o blog do SNA, no que se recolle esta nova xunto cunha reseña do noso traballo, como podedes ver neste enlace.
Previamente, este proxecto tiña sido premiado cun Selo de Calidade Nacional e cun Selo de Calidade Europeo, como podedes ver neste enlace.
É motivo de celebración para nós, polo que queremos compartilo convosco. Parabéns para
Todos, en especial para o alumnado das tres escolas participantes.


lunes, 10 de noviembre de 2014

NOVEMBRO: Construíndo a Paisaxe

O día 11 de novembro desenvolvimos, coa colaboración de ADEGA, un obradoiro de construción da paisaxe para o alumnado de 5º e 6º.

Podes ver as imaxes do día no seguinte video:

martes, 4 de noviembre de 2014

NOVEMBRO: Selo de Calidade Europeo para o noso colexio

Acabamos de saber que o noso centro foi galardonado co Selo de Calidade Europeo polo proxecto eTwinning "La historia de mi casa" que se desenvolveu durante o pasado curso co alumnado da Aula de PT.



Este proxecto tiña como obxectivo último a capacitación en competencias clave do noso alumnado de ACI, e foi levado a cabo con outros centros educativos europeos, concretamente cunha escola portuguesa e outra turca. E contou coa colaboración das familias implicadas e as institucións da zona.




O galardón segue ao que recibimos en setembro, a nivel nacional. Grazas a todos pola colaboración, sen a que tería sido moito máis difícil facer un proxecto de calidade. Grazas ao Servizo Nacional eTwinning e ao Servizo Central, en Bruxelas, polos dous galardóns.




lunes, 3 de noviembre de 2014

NOVEMBRO: Celebrando o Magosto

Para o Magosto, que se celebrará na semana do 10 ao 14 de novembro, o noso cole ten a seguinte programación:

LUNS 10: 

OBRADOIRO DE COGOMELOS. Coa axuda das familias, faremos unha recollida de cogomelos durante a fin de semana e unha exposición con eles no colexio. A ANPA colaborou connosco facendo unha recollida selectiva e compartindo as jmaxes do seu paseo de familia. Podedes ver aquí o vídeo do seu paseo:





Faremos unha clasificación sinxela que nos permita comezar a coñecer o mundo dos cogomelos e o contorno en que se crían. Para iso contamos coa axuda inestimable da nosa compañeira Toñi, que ademais de cociñar marabillosamente, pertence a unha sociedade micolóxica e sabe moito de cogomelos. Adela, nai de Xoel, tamén nos axudou na clasificación e no desenvolvemento do obradoiro. Esta é unha parte da explicación de Toñi:






E estas son algunhas imaxes do día:




MAGOSTO:
Durante a sesión da tarde, celebraremos o tradicional Magosto, xunto con xogos tradicionais, obradoiros de maquillaxe ...










EXPOSICIÓN DE IMAXES DAS FAMILIAS RECOLLENDO COGOMELOS. Igualmente, organizaremos unha exposición coas fotos que nos enviedes da vosa recollida nos montes veciños.






MARTES 11: 

RECOLLIDA DE RECEITAS DE MAGOSTO. Durante a última semana, redáctanse as receitas de cociña con cogomelos e/ou castañas que son as "especialidades" das casas das nosas familias. Este día recollerémolas para facer un libro que forme parte da nosa Biblioteca Escolar.




MÉRCORES 12:

MENÚ DO MAGOSTO: Para este día, os dous ingredientes fundamentais do noso menú serán os cogomelos e as castañas. No prato principal, arroz con cogomelos, na sobremesa, torta de castañas. 



VENRES 14: 

PUBLICACIÓN DO LIBRO DE RECEITAS DO MAGOSTO, en versión papel e en versión "en rede". Ver a axuda das alumnas da aula PT, encargadas da elaboración dos índices e do escaneado das receitas




Moi importante: este libro está sen corrixir ortográficamente. Será obxecto de concurso na cuarta sesión da LIGA PROFESIONAL DE ORTOGRAFÍA!



DURANTE TODA A SEMANA:

EXPOSICIÓN E PRÉSTAMO DE LIBROS DE COGOMELOS E SERES DO BOSQUE




EXPOSICIÓN NO COMEDOR DE IMAXES DE COGOMELOS FRECUENTES NOS NOSOS BOSQUES. (VER EN ENTRE LETRAS)


Podes ver aquí a carta de información ás familias.



sábado, 1 de noviembre de 2014

NOVEMBRO: EDUCACIÓN RESPONSABLE EN E.I.


Para o desenvolvemento do programa Educación Responsable, Marta, a profe de Educación Infantil, pon a disposición das familias o documento que se inclúe.


Neste documento hai orientacións para colaborar co tratamento da educación emocional na lectura. É a parte do E.R. que corresponde a Literatura en Educación Infantil, bloque que leva por nome LEE.