miércoles, 26 de marzo de 2014

MARZO: DÍA MUNDIAL DO CONSUMIDOR

O día 15 de marzo celébrase o Día do Consumidor e os seus Dereitos.

Para comprender máis do mundo do consumo ao que pertencemos, o noso colexio organizou as seguintes actividades, en colaboración coa ANPA e o ENDL.

CHARLA DE JOSÉ RICART, REPRESENTANTE DE ACUA (Asociación de Consumidores e Usuarios Asociados), que se centra no estudo das facturas do consumo eléctrico. (10:15 a 11:45)

CHARLA DE AMPARO, NAI DE JOSÉ DE SEXTO, que nos da a súa visión sobre os dereitos do consumidor nun establecemento e, como non, sobre os seus deberes, tamén. (12:30 a 13:30)

OBRADOIROS DE LECTURA DE FACTURAS / TICKETS E RECIBOS, nas clases de matemáticas, durante a semana do 8 ao 11 de abril.


martes, 25 de marzo de 2014

MARZO: ANIVERSARIOS TRIMESTRAIS

Coa chegada do fin do trimestre chega o sabor doce da tarta de cumpreanos...

O día 24 de marzo celebramos o aniversario de todos os nacidos en xaneiro, febreiro e marzo... O menú foi de festa: sopa, pizza e tarta de chocolate e galleta (feita polos alumnos de terceiro ciclo).

Compartimos convosco as imaxes do día e as fotomontaxes que levaron, de regalo, os homenaxeados.

Parabéns para todos!!

Fotos da festa de aniversario:


Fotomontaxes:

lunes, 24 de marzo de 2014

MARZO: REUNIÓN INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS



A participación do noso colexio en plans e proxectos de marcado carácter innovador leva ao equipo docente implicado á decisión conxunta coa dirección da ANPA de celebrar unha xuntanza informativa sobre ditos proxectos e a súa importancia no desenvolvemento docente.

As liñas de traballo coas que contamos están incardinadas do seguinte xeito:


Plan Proxecta, no que participamos con Sustentabilidade e Paisaxe e Máis e Mellor Educación Física.

Proxecto ComBas, de formación do profesorado, que persegue a instalación da aprendizaxe por Competencias Básicas, Competencias Clave, segundo a terminoloxía da LOMCE, que recolle a terminoloxía europea para este concepto.

PFPP, Proxecto de Formación Permanente en Centros, que persegue a nosa formación continuada e nos dá a base para levar á práctica o Proxecto ComBas.

O Proxecto eTwinning, europeo, con temática moi próxima á liña de traballo do Proxecta para este curso.

Os Plans de Centro procuran dar sustento a todos estes plans de traballo, facilitando agrupamentos e dotando de sentido a súa aplicación no marco docente do colexio.

Para a explicación de cada unha destas liñas, para a xustificación da súa implantación, celebramos


UNHA XUNTANZA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS, ESPECIALMENTE DO TERCEIRO CICLO (ALUMNADO DO PLAN PROXECTA E eTwinning), O PRÓXIMO DÍA 24 DE MARZO ÁS 17.00 NO SALÓN DE ACTOS DO CENTRO.



domingo, 23 de marzo de 2014

MARZO: DECORACIÓN DE PRIMAVERA

O día 20 de marzo entrou a primavera... No noso colexio hai un lugar especial para ela... Mira a nosa decoración e sumérxete na vida que esta estación nos brinda... Agora queda só aproveitarnos dela, da súa enerxía nos próximos meses e das posibilidades educativas que con ela entran na escola.

jueves, 20 de marzo de 2014

MARZO: UN OFICIO MÁIS, OS MUIÑEIROS

No plan de traballo do Proxecta e do ENDL, continuamos a estudar oficios tradicionais do contorno.

O día 20 fixemos unha saída a un muíño.

Casa de Pedrares, máis coñecida pola Casa do Muiñeiro, abriunos as portas para ensinarnos moito do que de tradición hai na moa de gran. Pan e trigo foron moídos alí cando, cada día, as pedras recibían a auga que convertía o gran en fariña que levar á casa.

O muíño está en Fontes, para alá do Cereixal e Furco, nun paseo superagradable, mellorado polo bo día que nos acompañou.

Veva, que nos atendeu con inmellorable dedicación, explicounos:


  • O funcionamento dun muíño e as pezas que o compoñen.
  • O funcionamento da máquina de limpar o gran do polvo.
  • O xeito en que as pedras de muíño levan canles de distribución e como eses canles e a propia superficie da pedra eran "picadas" frecuentemente para o seu funcionamento.
  • O proceso en que o gran se converte en salvado e en fariña de primeira, segunda e terceira.
  • O sistema de cobro que o muíño tiña para os seus servizos.
  • A zona que abranguía o muíño para moer.
  • A fonte que abastece o pozo que move os rodicios deste muíño.
Foi un día absolutamente aproveitado, que nos deu pé a moitísima información coa que traballar nas aulas nos próximos días.

Mirade os materiais de estudo que nos traemos:

A explicación de Veva:


Os exteriores:




As imaxes do muíño:



As imaxes da fonte que o alimenta:


As imaxes do día:




viernes, 14 de marzo de 2014

MARZO: DÍA DA ÁRBORE


Participando, como cada ano, na iniciativa da Deputación de Lugo, do 

Día da Árbore

vimos de plantar

no patio do colexio, ao que lle adicaremos coidados para que se faga parte da nosa comunidade.

Alén da árbore, a Deputación agasallounos con libros de lectura que se repartiron nas diferentes aulas, para seren traballados nas titorías.


Imaxes do día.


03_DIA_ARBOL

martes, 11 de marzo de 2014

MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O 8 de marzo celébrase o Día Mundial da Muller Traballadora.

O Departamento de Orientación, en colaboración co ENDL organizou para ese día as seguintes actividades:

EXPOSICIÓN / PROXECCIÓN

De imaxes das nosas mulleres traballadoras do centro e das familias que puxeron á nosa disposición para participar no desenvolvemento das nosas actividades.



Tamén os nosos alumnos contáronnos en que consiste o traballo das súas nais, que recollimos neste taboleiro.
ESTUDO ESTATÍSTICO DOS OFICIOS DAS NOSAS NAIS

Lucía e Jéssica, da aula PT, levan a cabo un estudo dos oficios das nosas nais. Podes ver aquí todo o proceso.

Estes son os resultados:





E estas son imaxes da súa exposición:







Imaxes do día:


lunes, 10 de marzo de 2014

MARZO: XESTIÓNS ADMINISTRATIVAS

Entre o noso estudo de profesións e oficios do contorno, o día 6 de marzo, o alumnado de 6º saíu á vila para apoiar a dúas compañeiras no desenvolvemento de actividades propias do seu Proxecto eTwinning.

Lucía e Jéssica de 5º e 6º están participando nun proxecto europeo eTwinning con compañeiros das Azores e Turquía. Nel, hai un espazo para o estudo do correo ordinario, o que xustifica a visita á oficina de Correos da vila. Aproveitamos a viaxe para solicitar, no Concello, folletos turísticos da zona, para enviar aos nosos compañeiros europeos. E, dado que vén de celebrarse o Mercado Solidario, aproveitamos a ver cómo funciona unha sucursal bancaria para facer un ingreso.

As dúas alumnas tiñan que recoller información para:

- Preparar cartas para os seus compañeiros e decidir que tipo de envío (ordinario ou certificado) elixirían. Igualmente tiñan que averiguar como funciona o correo postal e a súa relación co correo electrónico. (Enlace)
- Elaborar un artigo para a Revista Escolar Follas Novas. (Enlace)
- Descubrir como nos axuda o banco: préstamos, ingresos... E os datos que son precisos para retirar / ingresar diñeiro . (Enlace)


En correos:


No banco: