martes, 23 de abril de 2013

ABRIL 2013: DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, é o Día do Libro. No cole celebramos a semana do libro, e entre as actividades que desenvolvemos están:

- Exposición de libros sobre árbores (aberta desde o día 15 do mes pasado)
- Exposición de novedades adquiridas para o centro
- Viaxe do alumnado de educación infantil á Biblioteca Nodal, en Lugo, para un contacontos.
- Decoración de "unha primavera chea de contos", que recolle os debuxos dos contos preferidos dos nosos alumnos.
- Sesións de contacontos na escola, de maiores a pequenos.





martes, 16 de abril de 2013

ABRIL 2013: ROTEIRO FLUVIAL A CARÓN DO COLEXIO



O alumnado de 3º, 4º e 5º foi de camiñada ao río Donsel.
O día foi perfecto, de primavera, de descuberta, de natureza...
Queredes saber máis?



ABRIL 2013: BALONCESTO PARA PRIMARIA!

Os alumnos de primaria participaron o día 17 de abril nuns obradoiros, que tivo lugar no colexio, con actividades  predeportivas sobre baloncesto.

A actividade, organizada desde a área de Educación Física, foi desenvolvida en tres quendas.


ABRIL 2013: Arquitectura para o terceiro ciclo

O alumnado de 5º e 6º viaxou ata a cidade da Coruña para asistir a unha actividade, dentro do Proxecto Terra, no que estamos implicados, para o estudo - observación da arquitectura da cidade.

Todos os nenos tiveron que preparar con anticipación os materiais de terceiro ciclo do Proxecto Terra, que podes encontrar neste enlace.

Podes ver máis información se pinchas aquí.

ABRIL 2013: Actividade sobre prevención de incendios

Co material  didáctico "O home de Lume" da Xunta de galicia, o día 8 de abril, o alumnado de Infantil e  Primaria do centro, asistiu a un obradoiro sobre Prevención de Incendios, que tivo lugar en tres quendas.

jueves, 4 de abril de 2013

ABRIL 2013: O NOSO TRABALLO NA WEB DA DEPUTACIÓN DE LUGO


A Semana da Árbore e a Auga que celebramos no noso centro, foi promovida pola Deputación de Lugo. O Presidente da mesma e algúns representantes máis asistiron o día 22 de marzo ás nosas actividades para o día e, participou na plantación dun dos tres bidueiros que nos foi entregado para a celebración desta semana.




Este é o video elaborado pola Fundación TIC: