Alumnas da aula de PT levan a cabo un estudo sobre os hortos que temos en Becerreá.
Para iso levan a cabo un estudo estatístico coa axuda dos nenos de quinto, que cubren as enquisas que elas mesmas pasan, procesan e representan, posteriormente.
Para completar o estudo, tamén traballan coas hortalizas que se empregan no comedor escolar, coa axuda das cociñeiras que, moi amables, responden as súas preguntas.
Para esta ocasión, os alumnos de 6º explicaron aos de 3º, 4º e 5º que é e como funciona un CIRCUITO ELÉCTRICO, e o mérito é que o fixeron cos exemplos por eles creados no desenvolvemento das súas aprendizaxes na clase.
O mes de febreiro está marcado por unha festa de longa tradición en Galicia: O Entroido. Este ano o noso colexio rende homenaxe aos movementos culturais e musicais dos 70/80, por iso, maioritariamente, os nenos e profes do centro estaremos disfrazados de Hippies e Rockeiros. Ao abeiro destes grupos sociais, unha nova corrente xurdiu, a naturalista: respeito e admiración polo natural, por iso, entre os nosos grupos, hai tamén un espazo para ese naturalismo, de aí que haxa aulas disfrazadas de animais e plantas.
O día 14 de febreiro, para seguir coa tradición gastronómica asociada a esta celebración, o alumnado de terceiro ciclo elaborará na cociña do colexio roscas de anís para todos.
A emisión do programa SALVADOS do pasado día 3 de febreiro foi motivo de comentario e de apertura ao debate na nosa escola. De feito, é por acordo do Claustro que se coloque o programa nos nosos blogues e na nosa web, co obxecto de que estea á disposición de toda a Comunidade Educativa.
O programa contén as reflexións de Jordi Évole sobre o noso sistema educativo, que comparte con persoas responsables do mesmo, en diferentes ámbitos. Tamén existe unha comparación co sistema educativo de maior excelencia na actualidade, o finlandés, deixando constancia da realidade que o fai posible.
Queda, entón, aquí, a nosa achega para difundir e potenciar esta reflexión e o seu conseguinte debate.
Xa estamos a traballar a fondo o tema fundamental para este curso dentro da Axenda 21 Escolar de Galicia: O Despoboamento na bisbarra.
É interesante ver cales son as conclusións ás que estamos chegando e que prepararemos para informar á comunidade. Ata entón, podes ir vendo información nestes enlaces:
O día 5 de febreiro é o Día Internacional para a Seguridade en Internet. O noso centro celebrou hoxe unha actividade para 4º, 5º e 6º, á que estaban, tamén, convidadas as familias.
A actividade consistiu nunha charla a cargo de Ramón P. P., un garda civil que, no marco do Plan Director para a Convivencia e mellora da Seguridade Escolar, explicou cales eran os riscos do uso das redes sociais e dos programas de comunicación on line.
No transcurso da charla, que durou dúas horas, o alumnado mostrou unha actitude participativa, consultando todas as cuestións que lles ían xurdindo ao escoitar as experiencias do relator.
No centro quedan, a disposición das familias, a presentación feita por Ramón P. P. e un documento que recolle normas que melloran a seguridade en Internet no ámbito familiar. Para solicitalo, podedes pasar polo centro ou enviar un correo electrónico (ceip.sanxoan@edu.xunta.es).
Deixamos aquí os videos que Policía Nacional e Garda Civil lanzaron para a campaña que hoxe inicia.
Ver video da Policía Nacional para a seguridade en Internet, coa colaboración de varios famosos españois. Pincha aquí.