jueves, 28 de noviembre de 2013

NOVEMBRO: Un novo blogue na escola

A partir deste mes, temos un novo blogue para contarvos o que facemos. Nesta ocasión, trátase do que recollerá os traballos feitos no ámbito do programa "Máis e mellor educación física", enmarcado no noso Plan Proxecta.

Podedes acceder neste enlace ou no que xa existirá, durante todo o curso, á dereita, entre todos os blogues da nosa escola.


lunes, 25 de noviembre de 2013

NOVEMBRO:As Reservas da Biosfera

O día 25 de novembro atracou no noso patio un barco moi especial, o Muralla de Lugo, que está destinado a amosar a todos os centros educativos as diferentes Reservas da Biosfera da provincia de Lugo.

Nós estamos nunha das seis reservas galegas, das que tres son lucenses, a dos Ancares - Courel

O Barco Muralla de Lugo viaxou ata nós para contarnos como son as comunicacións dentro dun barco, os aparellos que se utilizan, o xeito en que se pode pescar algún dos nosos bens marítimos... Para finalizar vimos o vídeo da nosa reserva, entanto o encargado de nos presentar o proxecto facía os comentarios oportunos para que reparásemos nos detalles máis importantes. Foi apasionante ver a nosa paisaxe con outros ollos, os dos que aprendemos a dar un valor novo ao noso contorno.


Reservas da biosfera

A nova no xornal:

(Diario El Progreso, 26/11/2013)


viernes, 22 de noviembre de 2013

NOVEMBRO: Nas Xornadas COMBAS de Galicia

O día 21 de novembro o noso centro tivo a ocasión de relatar aos asistentes ás Xornadas COMBAS de Galicia o proceso de formación que levou a cabo na primeira fase deste proxecto.
A base en que nos centramos foi na sorpresa que a combinación do COMBAS co Plan Proxecta brindou como caldo de cultivo perfecto para a programación de actividades nas novas tendencias educativas que imperan en toda Europa.
A asistencia a este acto era a confirmación do noso compromiso con estes dous programas, de feito, para o curso que acabamos de comezar, unha maioría do profesorado continuará coa segunda fase de COMBAS, ampliado cun Proxecto de Formación en Centros que ten, tamén, a finalidade de instaurar as competencias básicas no noso ensino, acolléndonos á lexislación actual e ás tendencias educativas europeas.


NOVEMBRO: De visita á casa de Manuel María

O día 19 de novembro, no desenvolvemento da actividade "O son da nosa fala", na que participamos, os alumnos do terceiro ciclo do colexio visitaron a Casa Museo de Manuel María, en Outeiro de Rei. Puideron coñecer onde naceu e viviu o autor galego, vendo imaxes, biblioteca e a propia casa.

Máis tarde, participaron nun Obradoiro de estampado de camisetas, no que cada neno puido estampar a imaxe de Manuel María e algún dos seus versos.

Xa pola tarde, gravaron na sede de Radio Lugo (Cadena Ser) poemas deste autor, algún incluso con forma de rap, que serán emitidos nos próximos meses.

Ata o cole chegaron, aparte das imaxes que compartimos aquí, uns libros para a nosa Biblioteca Escolar.





jueves, 14 de noviembre de 2013

NOVEMBRO: Obradoiro de Cestería

Durante o mes de novembro e, enlazado co labor de recolección do outono, os alumnos de 6º organizan un Obradoiro de Cestería, onde eles ensinan aos profesores interesados a facer cestos a partir de follas de xornal reutilizadas.

O obradoiro comezou con 5 clases que se celebraron durante a primeira quincena do mes de novembro, pero, dado o interese xenerado e as variantes de cestos ensinadas, estas serán as datas nas que se amplían as clases deste obradoiro:

Venres 15 - Luns 18 - Venres 22 - Xoves 28

Todas as sesións serán desenvolvidas na sala de usos múltiples, durante os leceres.

Vídeo con imaxes das sesións:
Vídeo explicativo da creación dun cesto:


martes, 5 de noviembre de 2013

NOVEMBRO: O MAGOSTO

Como anunciaba a decoración de Outono, o Magosto está aí, enchendo os chans de castañas maduras, desexando ser comidas... desexando formar parte de xuntanzas familiares...

No cole, non podemos deixar de celebrar esta tradición da nosa cultura, así que... este é o programa que desde o ENDL se propón para o alumnado e profesorado do San Xoán:



DO LUNS 11 AO XOVES 14: ¿Que é un castiñeiro para ti?
Na entrada do cole haberá un castiñeiro reciclado, elaborado polo alumnado do centro, que terá escrito nas súas follas o que é un castaño para cada un de nós: informacións, sensacións, imaxes... todo é posible nesta nosa visión da árbore máis importante deste momento do ano.

DO LUNS 11 AO XOVES 14Lecturas terroríficas...
Desde o Samaín temos en marcha o concurso de Microrrelatos de Terror, que rematará o próximo día 12... Aproveitando, buscamos na Biblioteca Escolar canto libro de medo había e... aí estarán, á vista de todos, para experimentar o terror na súa forma máis literaria...


LUNS 11: Degustación de castañas e participación no seu asado (mostra simbólica)
Tamén haberá xogos populares para amenizar a tarde.



MARTES 12, (13:20): José Vázquez contará un conto de medo aos alumnos de primeiro e segundo ciclo de primaria... Coidado, nenos, el aínda non abandoou o Samaín... e ... con el... chegará... o terror!
Mirade aquí o vídeo da Historia Terrorífica
Ás 14:00: Escolleranse os mellores "Microrrelatos de Terror" e publicaranse todos nun libro que formará parte da nosa nova Biblioteca Escolar.
Mirade aquí todos os relatos.
Mirade aquí todas as fotos do día

MÉRCORES 13, (11:00): Charla de Pepé, nai de Samu de primeiro: Unha mirada ao futuro: o aproveitamento sostible das castañas.
Esta é a presentación que nos deixou no cole. Moitas grazas, Pepé, aprendimos moito ao teu lado!
Aquí está o vídeo coas imaxes do día:

MÉRCORES 13, (a partir das 12.00): O alumnado de terceiro ciclo elaborará unha tarta de castañas para degustala no comedor escolar.



VENRES 15, (a partir das 13.30): O alumnado de primeiro ciclo fan voar as súas  castañas voadoras feitas nas clases de plástica. (ver o vídeo completo)

Castañas voadoras

NOVEMBRO: DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O próximo día 12 de novembro, celébrase o IV Día da Ciencia en Galego, e a Coordinadora Galega de ENDL convidounos a participar na videoconferencia vía web na que a Doutora en Bioloxía Marilar Aleixandre vai facer para os nenos de 5º e 6º.
Esta videoconferencia leva o título de Benqueridos insectos... e levarase a cabo na aula TIC do colexio o vindeiro martes, 12, de 10.30 a 11.30



lunes, 4 de noviembre de 2013

NOVEMBRO: Concurso de microrrelatos de terror

Como sabedes, desde o ENDL, convocouse un Concurso de Microrrelatos de terror. As bases permitían que calquera alumno do centro participase.

A participación foi moi satisfactoria e os resultados recóllense neste libro virtual e nun libro impreso, que formará parte da nosa nova Biblioteca Escolar.


Para o alumnado de Educación Infantil abrimos a posibilidade de seren filmados os contos, e os resultados son os que seguen...

Os Tres Monstruos de Belén e 



O Dinosauro de Xoel:
  

A Pedra que se converte en... de Cristina

 
Cremos que todos os nenos participantes merecen un premio... algo que será para compartir coa súa clase... e que se publicará o próximo martes día 12.

viernes, 1 de noviembre de 2013

OUTUBRO: Premios para o centro

Durante o pasado curso, o alumnado da aula de PT participou nun proxecto europeo eTwinning que levaba por título "Cautivar con Lecturas: O principiño que vive na biblioteca".
Durante o verán soubemos que fora premiado co Selo de Calidade Nacional, tanto en España como en Portugal (escola socia) por ambos Ministerios de Educación.
O pasado luns soubemos que tamén fora premiado co Selo de Calidade Europeo.

Parabéns para todos.

Acceso ao certificado de Selo de Calidade Nacional
Acceso ao certificado de Selo de Calidade Europeo

Acceso á listaxe de centros educativos premiados co Selo de Calidade Europeo en toda Europa

Nova no Blogue da Embaixada eTwinning en Galicia.

(Ve aquí a nova no blogue da aula PT)