domingo, 23 de febrero de 2014

FEBREIRO: Celebrando o Entroido

O venres 28 de febreiro o noso colexio celebra o Entroido, para iso, o equipo docente está  a preparar, durante a semana as actividades que se levarán a cabo, coa axuda do ENDL e do equipo de AACC

Estes foron os materiais para traballar nas aulas.

PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS
Indispensable, durante todas as celebracións, no Entroido a axuda das famílias céntrase na colaboración para facer os disfraces.
Durante a semana, o alumnado degustou no comedor as sobremesas típicas de Entroido elaboradas nas súas casas.
Esta é só unha mostra:



ACTIVIDADES PARA O FESTIVAL DE ENTROIDO

Durante as dúas semanas anteriores, o alumnado axudado polos profesores viven a animación destas festas tradicionais, decidindo o estilo das súas comparsas, deseñando os disfraces e elaborándoos nas clases de plástica.

Aquí podedes ver os disfraces de todas as clases:





O venres de Entroido, celébrase o festival, coas seguintes actividades:

- Mercado solidario (10.30 - 11.30):

O alumnado de terceiro ciclo, en comparsa da Guerra das Galaxias, tomará a vila, vendendo produtos elaborados no centro, a partir de obxectos reciclados, con fins solidarios. O mercado estará aberto no Centro de Saúde de Becerreá e na Praza dos dous Canos.
Estes son os produtos:

E estas son imaxes do día:




- Desfile no Polideportivo escolar (11.45-12.30)

Emulando os grandes desfiles, o polideportivo do cole énchese de música, cores e alegría. 
Aberto a toda a Comunidade Educativa, o desfile é a ocasión perfecta para disfrutar da alegría das nosas comparsas. As comparsas coas que contamos son:


Educación Infantil: "Mundo Disney"
1º Primaria: "Os Pitiños"
2º Primaria: "Ratos Minnie e Mickey"
3º Primaria: "Cantantes"
4º Primaria: "Indios e vaqueiros"
5º e 6º Primaria: "Star Wars"

Estas son imaxes do día:

- Zonas de xogo (12.30-13.30)

Rematado o desfile, comezan os xogos. Hai tres recunchos diferenciados:

-O xogo da Voz, dirixido pola titoría de 3º de primaria, permite a quen o desexe, participar nun concurso musical
-O xogo da Rá, creado para a ocasión pola titoría de 1º de primaria, proba a puntería dos que se atrevan a xogar.
-O tiro á Corda é xa un clásico que non podemos esquecer...

-Degustación de produtos típicos (12.30 - 13.30)

Coa colaboración das familias, todos seguiremos a disfrutar da gastronomía típica desta festividade, e haberá momentos para todo, entre xogo e xogo... Pais, alumnos e profesores compartindo conversa, sorriso e doces...
Estas son imaxes do día:





-Paseo pola vila

A partir do fin do desfile, o alumnado de 5º e 6º acompañado por parte do seu profesorado, irá ata a Praza dos dous Canos, lucindo a súa comparsa galáctica...


FEBREIRO: Díaz Castro

O 19 de febreiro celebrouse o centenario do nacemento do Poeta Díaz Castro,  o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2014.

En colaboración do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, o ENDL organizará para o noso colexio unha profundización na vida do autor ao longo deste curso.
Nesta ocasión, os alumnos de terceiro ciclo verán o documental "A lus do mundo: Redescubrindo ao poeta Díaz Castro" realizado polos alumnos do Instituto de Guitiriz, para coñecer o autor no seu contexto, nas súas raíces.



Coñecerán algúns dos poemas, cantados polos alumnado chairego, dirixidos pola súa profesora de música, Sandra Tenreiro, que os musicou.


Participarán nun karaoke, para descubrir un poema máis do autor de Nimbos.


A selección de Díaz Castro, de entre os autores galegos candidatos, ten moito que ver coas iniciativas a prol deste autor que partiron do IES Poeta Díaz Castro e da Asociación Cultural Xermolos, de Guitiriz. Se queres ter información sobre estas iniciativas, podes ver este video, coa presentación da candidatura e das actividades que se celebrarán para o centenario do seu nacemento.



Podes ver aquí as imaxes do día:

Díaz Castro

Os nosos dous karaokes.... :-)



Que máis actividades para o Día das Letras Galegas?

lunes, 10 de febrero de 2014

FEBREIRO: ENTREGA DE PREMIOS NO COLEXIO

A pasada semana celebrouse no colexio a entrega de premios do Concurso de Postais organizado pola FAPACEL, asociación á que pertence a ANPA do CEIP San Xoán.

Os premios foron entregados nas diferentes aulas.



domingo, 2 de febrero de 2014

FEBREIRO: O NOSO LIBRO DA PAZ





Cos traballos feitos polos alumnos para a tradución do libro "Somos un mundo para todos y todas", proposto polo ENDL do centro para a celebración do Día da Paz, foron recollidos nun libro que formará parte da nosa Biblioteca Escolar.

Parabéns a todos!