lunes, 25 de marzo de 2013

MARZO 2013: O noso traballo destacado na páxina web da Consellería de Medio Ambiente

O noso traballo sobre o despoboamento da bisbarra foi destacado na páxina web da Consellería de Medio Ambiente,  Territorio e Infraestruturas.
Grazas pola difusión!
Podedes acceder neste enlace.

MARZO 2013: As casas das nosas parroquias

O alumnado de cuarto elaborou maquetas das súas propias casas, todas elas de parroquias diferentes... alén diso, estudou a historia de cada casa, desde a súa orixe, ata a súa poboación desde ela. O traballo foi tan interesante que o resto do alumnado e todo o profesorado puidemos aprender desta experiencia, nunha sesión de formación entre iguais realmente fructífera.




Este é o video das explicacións de cada casa.

Este vídeo presenta as imaxes de todas as maquetas.

MARZO 2013: A poboación escolar no noso mapa


Xa temos a nosa poboación escolar colocada no mapa de Becerreá do vestíbulo. Hai varias conclusións que tirar da imaxe que nos ofrece.
Onde está a maioría dos nenos da escola?
Que acontece na maioria das parroquias do concello?
Quedan días de reflexión, a continuación... será á volta das vacacións...






OUTRAS ENTRADAS MÁIS ANTIGAS EN RELACIÓN CON ESTA NOVA.


03_lucia_jessica_mapa - foto montaje
">Actividades da aula de PT

domingo, 17 de marzo de 2013

MARZO 2013: DECORACIÓN DE PRIMAVERA

A chegada da primavera déixanos inmersos nun mundo de brotes e cores... Nós quixemos enlazar a nosa decoración de primavera coa celebración da Semana da Árbore e a Auga, organizada pola Deputación de Lugo, na que participamos.
Este ano árbores, casas de paxaros, insectos de cores, animaliños... fan a súa achega para recordarnos que estamos a vivir a estación da renovación, e o fan nunha paisaxe que contén maquetas de casas da zona, en concreto,  dos alumnos de 4º que, axudados pola súa titora, construíron réplicas das súas vivendas, facendo unha mostra das de toda a escola.
Tamén forma parte da nosa decoración a maqueta das Pontes de Gatín, tan importante nesta nosa zona. Sobre ela hai unha lenda... queredes escoitala? Os nenos de cuarto cóntana neste video.

Queredes ver como quedou? Mirade o vídeo:


Queredes ver a maqueta das Pontes de Gatín? Mirade o vídeo:


MARZO 2013: A voltas co despoboamento

Unha parte importante do despoboamento xorde polos movementos migratorios.
O grupo de 5º asistiu á charla - debate que o avó de Samara e Xoel, convidado pola súa titora, protagonizou. Con el iniciamos unha reflexión que nos axudará, sen dúbida, a comprender mellor a emigrantes e inmigrantes, neste mundo global no que nos tocou vivir.
Podedes ver toda a información neste enlace.

martes, 5 de marzo de 2013

MARZO 2013: SEMANA DA ÁRBORE E A AUGA

Preparándonos para a chegada da primavera, estamos dispostos a participar na SEMANA DA ÁRBORE E A AUGA que a Deputación de Lugo está a organizar.

Para o seu aproveitamento didáctico, nós levaremos as seguintes liñas de traballo:

1. EXPOSICIÓN DE MATERIAIS BIBLIOGRÁFICOS SOBRE ÁRBORES, no vestíbulo do colexio, á disposición de todo o alumnado do centro. Incluiranse os materiais cedidos pola Deputación pola participación nesta campaña e que se traballarán, específicamente, na semana do 18 ao 22 de marzo.

2. RECOLLIDA DE BOTELLAS DE PLÁSTICO PARA REUTILIZAR COMO MACETAS: temos a intención de dar cor ao noso patio, de enchelo de vida. Por iso, pensamos facer plantación de sementes e plantas que sexan acordes coa climatoloxía e o contorno. A plantación levarase a cabo o 22 de marzo.

3. PLANTACIÓN DE ÁRBORES E APADRINAMENTO POR CICLO: Cada ciclo plantará e apadriñará unha árbore do patio, comprometéndose co seu coidado.

Estas liñas de traballo son tan importantes que as celebramos en tres fases:

FASE1: Plantación da encina e o primeiro bidueiro
FASE2: Inauguración da Exposición de Libros sobre Árbores e Reciclaxe das botellas en macetas
FASE3: Visita do Presidente da Deputación de Lugo para a plantación dos dous bidueiros restantes e explicación das nosas liñas de traballo.

MARZO 2013: Aproximacións ao despoboamento


Estamos a traballar o despoboamento na bisbarra. A partir desta semana temos as seguintes liñas de traballo:

1. Convidamos as familias a saír cos nenos pola súa parroquia e fotografiar aqueles lugares próximos que mostran un claro abandono. Con todas esas imaxes, faremos unha exposición fotográfica na escola, que nos servirá, tamén, para manipular información no mapa do concello.

2. Colocación de dous mapas de Becerreá  no vestíbulo: un que irá recollendo diferentes informacións en relación co concello e a escola. Outro que é un crebacabezas para que nos familiaricemos coas parroquias e a súa ubicación no territorio.

3. 5º asistirá á charla dun avó que foi emigrante en Cataluña e Suíza e contará as repercusións sociais e económicas dos movementos migratorios no despoboamento da zona.