miércoles, 23 de abril de 2014

ABRIL: NOVO OFICIO - CANTEIROS

Vivimos en terra de auga e pedra... Os canteiros son artesáns da pedra, que decoran, pero tamén constrúen.

O día 24 de abril achegáronse ao colexio dous canteiros para nos contar en que consiste o seu oficio e como foi mudando ao longo do tempo. José Luís é o pai de Aarón, de 4º, e o seu compañeiro é Ramón, que vive e traballa en Parga.

Esto é o que aprendimos

Que é un canteiro

Que é a cantería

Estas son as ferramentas dun canteiro









E estas son imaxes do día:










lunes, 21 de abril de 2014

ABRIL: CONTINUAMOS COS MUÍÑOS

O día 24 de abril achegouse ata o cole José Manuel Vázquez, técnico e deseñador de fábricas e maquinaria.

A súa visita vén a achegar unha visión diferente do oficio de muiñeiro na actualidade, que nos servirá para completar o aprendido no Muíño de Fontes, o pasado mes.

A nova empresa e as novas necesidades técnicas, de envasado, de normativa alimentaria... precisa un procesamento diferente do gran, que, aínda respectando a tradición, inclúe novas perspectivas.

Neste día aprendimos sobre a evolución tecnolóxica, apoiada sempre na busca de mellores rendementos con menores esforzos. Descubrimos que a tecnoloxía é capaz de unir procesos necesarios para conseguilo.

Aprendimos sobre a separación de materiais en función dos seus pesos, dos motivos polos que hai materiais e/ou procesos prohibidos para garantir a seguridade alimentaria, das técnicas que é preciso aplicar... en fin, do intelixente do proceder humano para conseguir os seus propósitos.

Esta é a presentación que nos deixou.

E estas son imaxes do día.



domingo, 20 de abril de 2014

ABRIL: SEMANA DO LIBRO

Desde 1995 celébrase o Día  do Libro e do Dereito de Autor todos os 23 de abril de cada ano. É unha data simbólica pois un 23 de abril morreran Cervantes ou Shakespeare (1616), pero, casualmente, nese día tamén morreron ou naceron outros escritores moi importantes como Maurice Druon, Laxness, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo.
Moito antes, desde 1926, en Barcelona, desenvólvese unha tradición que hoxe ten traspasadas as fronteiras, a celebración do Día de San Jorge, onde o habitual é regalar un libro e unha flor.


Os centros educativos dependen moito da lectura e é labor nosa axudar as familias a desenvolver nos nenos o sentido pracenteiro da mesma. Nesa liña, para nós é importante adicar unha semana, rondando esa data, a festexar un sentido lúdico da lectura. Así, o profesorado, en colaboración co ENDL do centro, organizaron as seguintes actividades para a Semana do Libro 2014:

DÍA 23: BIBLIOTECA NODAL

Visita á Biblioteca Nodal de Lugo para o alumnado de Educación Infantil.


DÍA 23: O MEU LIBRO FAVORITO

O alumnado de 6º elabora un marcapáxinas alusivo para o seu libro favorito, cos libros e os marcapáxinas iniciamos unha EXPOSICIÓN na entrada do cole, que nos acompaña ata o día 30 de abril.




DÍA 24 E DÍA 28: FACEMOS UN CONTO?

O alumnado de segundo ciclo crea de xeito colaborativo un conto con Storybird. Os resultados son estes:

Piruxa e Catuxa: O conto da clase de 3º




DÍA 25 E DÍA 28: CÓNTOCHE UN CONTO

(25) Un grupo de nais de alumnos de Educación Infantil representan un conto para as tres clases da primeira etapa educativa.

(28) Os alumnos de 5º, en dous grupos, contan un conto nas clases de primeiro e segundo.


DÍA 30: AS NOSAS RECOMENDACIÓNS DE LECTURA






Pincha aquí se queres ver recursos para traballar este tema

viernes, 11 de abril de 2014

ABRIL: OBRADOIRO DE TECIDO

PROXIMAMENTE




Organizado polo profesorado do Plan Proxecta e coa colaboración do ENDL, dentro da liña de traballo dos oficios, levarase a cabo un obradoiro de tecido de trapillo para alumnado, profesorado e familias.




Xustifícase como aplicación do aprendido na exposición organizada para o terceiro ciclo sobre Teares, a cargo de Vicente, veciño de Vilouta, artesán que nos contou todo o proceso do liño previo ao seu tecido, e que nos cedeu en préstamo materiais para o seu traballo didáctico na escola. Podes acceder á nova neste enlace.

Este obradoiro desenvolverase co seguinte calendario:


ABRIL: TRABALLAR NUN TEAR




O 11 de abril visita o noso centro un veciño de Vilouta, encargado dun tear, que nos contará que e como se traballaba e cales son as actuais perspectivas deste oficio.


Esta actividade está enmarcada no noso proxecto de traballo en Sustentabilidade e Paisaxe e organizado polo equipo ENDL en colaboración coa ANPA do colexio.


Esta actividade completarase cun obradoiro de tecido de trapillo para alumnado e profesorado. Ver aquí a nova.


Imaxes do día:








Podes ver aquí unha reseña do seu traballo.

Unidade didáctica para o terceiro ciclo:



jueves, 10 de abril de 2014

ABRIL: DÍA MUNDIAL DA SAÚDE




O 10 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde, para este ano, a OMS adica o día a "pequenas picaduras, grandes ameazas", como podedes ver neste enlace.

O noso cole quixo celebrar este día achegando unha visión da saúde máis próxima ao deporte, fundamental na idade escolar.
Por iso, tivemos unha visita moi especial para a última hora da mañá do día 10... Unha visita relacionada co mundo do fútbol... que nos aproximou a un xeito de vida saudable e divertido.


Para ese día contamos cos adestradores do CLUBE DEPORTIVO LUGO, Quique Setién, Juan Peón e o seu Doutor, Luis Coira.
que nos contaron como é a profesionalidade do que nós vemos como un xogo.






Por razóns de horarios e adestramentos, Iago Díaz  visitaranos outro día... Esperamos superilusionados que chegue ese momento!

A sesión desenvolveuse do seguinte xeito:

1. Visita ás aulas de Educación Infantil




2. Charla educativa sobre hábitos saudables, deporte e alimentación. Quique e Juan insistiron na importancia de adquirir bos hábitos desde nenos, dando moita importancia á alimentación baseada en froitas e verduras, xunto coas proteínas e hidratos de carbono necesarios. Comentaron a necesidade de desbotar os produtos industrializados, sempre que fose posible.

3. Sesión de preguntas elaboradas polo alumnado de 5º e 6º, que tiñan traballado o tema na clase, a partir do material recién presentado polo Clube Deportivo Lugo para escolares así como mediante búsqueda de información en Internet sobre o clube e os adestradores.


4. Firma de autógrafos.




5. Comida no comedor escolar. Para dar conta do esforzo da mañá, o menú foi compartido cos nosos convidados.

6. Aínda houbo un momento para os xogos e, tanto Quique como Juan, pasaron polo patio a dar uns toques aos balóns, xenerando ilusións nos nosos nenos.



Estas son imaxes do día:





miércoles, 9 de abril de 2014

ABRIL: VOTACIÓNS DEMOCRÁTICAS

Dentro das aprendizaxes escolares está, para sexto, a Educación para a Cidadanía. Para todos, é importante aprender como se participa nos procesos de elección de calquera asunto de interese para a sociedade.

Por iso, non deixamos de aproveitar as ocasións que o día a día nos vai dando na escola. Desde o Equipo de Biblioteca lanzouse, hai dúas semanas a posibilidade de participar nun concurso para a Creación da Mascota da Biblioteca. O concurso foi moi ben acollido e houbo importante participación.

Desde a materia de estudo Educación para a Cidadanía, os alumnos de sexto participaron organizando e controlando o proceso democrático de elección da mascota mediante votación. Aprendizaxe extrapolable ás eleccións democráticas das que lemos e escoitamos novas nos xornais e telexornais.

Estas son imaxes do día.



Este foi o deseño gañador:

lunes, 7 de abril de 2014

ABRIL: DOTACIÓN DE DOUS ORDENADORES PARA O COLEXIO

O noso centro participou no proxecto europeo eTwinning "Cautivar con lecturas: O Principiño que vive na Biblioteca" durante o pasado curso.

Este foi o primeiro proxecto europeo que se levou a cabo no noso cole, polo que, xunto coa circunstancia de termos recibido o Selo de Calidade Nacional (Ministerio de Educación)e o Selo de Calidade Europeo (Comisión Europea), estabamos en situación de solicitar á Embaixada eTwinning de Galicia a nosa participación no seu Plan de Mellora de equipamentos TIC para centros novos en eTwinning.




O día 7 de abril fóronnos cedidos dous ordenadores portátiles reparados, que forman parte, xa do noso inventario.

Podes ver aquí toda a nova no Blogue da Embaixada eTwinning.

miércoles, 2 de abril de 2014

ABRIL: Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

O día 2 de abril celébrase o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo.

Este ano, Nacións Unidas, insta á colaboración na mellora das condicións , epecialmente na educación dos nenos con este síndrome.

Nós tivemos o noso espazo para este tema.