domingo, 26 de octubre de 2014

OUTUBRO: Desenvolvemento da Semana do Samaín



LUNS 27: AS CABAZAS.









APERTURA DA EXPOSICIÓN "LECTURAS DE MEDO"


 Recorda que o próximo xoves poderás levar en préstamo calquera dos libros de terror expostos.






APERTURA DA EXPOSICIÓN "AS CORES DO MEDO"





APERTURA DA EXPOSICIÓN DE EL GRECO










MÉRCORES 29: PRIMEIRA SESIÓN DO CICLO DE CINE SAN XOÁN: "La Novia Cadáver de Tim Burton".















XOVES 30: ELABORACIÓN DO MENÚ DE SAMAÍN





ENTREGA DE DIPLOMAS E PREMIOS AOS GAÑADORES DOS CONCURSOS

No concurso de cabazas, todos os participantes tiveron un diploma de recoñecemento, alén diso, gañaron un pequeno premio todos os finalistas, que foron:
Andrea e Diego da clase de 3 anos, Jimena da clase de 4 anos, Cristina de 5 anos, Carlos de 1º, Samu de 2º, Tiziano e Alejo de 3º, Mario de 4º e Lucía de 6º. Un lugar especial para a cabaza da clase de 4º, que quedou en segundo lugar e Anne de 5º resultou a gañadora deste concurso.

No concurso de debuxo "As Cores do Medo", contamos coa axuda de Mónica Alonso, a artista que está a impartir os Obradoiros "As cores da razón e as cores da emoción" no noso colexio para establecer os criterios de selección dos gañadores. Os finalistas foron Diego e Clara de 1º, David e Paula de 2º, Elba, Andrés e Javier de 3º, Hugo e David de 4º, Verónica de 5º e Tamara de 6º. A gañadora foi Laura M. de 1º.



Falando de medo... Aquí tedes algunhas suxestións para ler:


viernes, 24 de octubre de 2014

OUTUBRO: Desenvolvemento dos Obradoiros do MAC

PROXIMAMENTE

A artista Mónica Alonso comeza o desenvolvemento dos obradoiros "As Cores da Emoción. As Cores da Razón". Ver a presentación da nova.

Os obradoiros desenvólvense en dúas sesións:

MÉRCORES 29: ALUMNOS DE 3° /4°:


MÉRCORES 5: ALUMNOS DE 5° /6°:


Tendo en conta que o medo é unha das emoción básicas, é moi oportuno contar coa colaboración de Mónica, sobre todo tendo en conta que virá no desenvolvemento do noso Concurso de Debuxo "As Cores do Medo". As aprendizaxes están garantidas.

jueves, 23 de octubre de 2014

OUTUBRO: Programa da Semana de Samaín



A semana final de outubro o noso cole celebra unha das tradicións máis horripilantes do ano... o noso Samaín encherá de teas de araña, cores tétricos e historias horrorosas a nosa entrada e as nosas vivencias.

O programa para estes días será:

LUNS 27: Recollida de cabazas decoradas para o Samaín, que concursarán para a Cabaza máis horrorosa do 2014. O gañador será nomeado o xoves 30, logo de termos expostas as cabazas durante toda a semana.

MÉRCORES 29: Inicio do Ciclo de Cine San Xoán. Nesta ocasión, a película seleccionada é  "La Novia Cadáver de Tim Burton", para o alumnado de 5° e 6°.

XOVES 30: Gañadores dos concursos desta semana. Campaña de empréstito dos libros expostos de medo.
No comedor,  neste día, teremos o Menú de Samaín, elaborado, en parte, polo alumnado maior, e incluirá a cabaza como ingrediente do primeiro prato, pechando cun postre moi especial do que non vos adiantamos nada...
Este menú será degustado despois de ver o video no que o alumnado de 4°, 5° e 6° gravaron para contar a lenda de Gustavo Adolfo Bécquer, "El Monte de las Ánimas", e que será proxectado para todo o alumnado ás 14:00 desde día, formando parte da iniciativa Entre Letras, do mesmo xeito ca o propio menú. ESTA ACTIVIDADE QUEDA POSPOSTA PARA A SEMANA DO MAGOSTO.

DURANTE TODA A SEMANA: 

Estarán abertas as exposicións:
- "As  Cores do Medo": Exposición dos debuxos elaborados polos nenos de todas as etapas educativas, nas que representan escenas de medo. 
- No comedor, dentro da iniciativa Entre letras, teremos exposta unha mostra da obra pictórica de El Greco, pintor ao que está adicado o 2014.
- "Lecturas de medo": Na entrada, durante esta semana teremos exposta unha mostra de libros de terror, para despertar o ánimo pola lectura.



CARTA PARA AS FAMILIAS

domingo, 19 de octubre de 2014

OUTUBRO: Rexurdimento en Entre Letras

A primeira edición do Entre Letras estivo dedicada ao Rexurdimento.

Manuel Curros Enríquez é o autor que o protagonizou. 

Estas son imaxes da quincena.





E este é o vídeo do alumnado a homenaxear ao autor, versionando "Os teus ollos".



Podes seguir o desenvolvemento no noso blog "Entre Letras".


sábado, 18 de octubre de 2014

OUTUBRO: Primeiro encontro para a LIGA PROFESIONAL DE ORTOGRAFÍA






A LPO comeza hoxe na fase de grupos, na que todos os alumnos suman puntos para a súa clase.

Terá lugar na aula TIC, onde se responderán catro formularios (1º, 2º, 3º-4 e 5º-6º) en función da súa dificultade.

Todo o alumnado de primaria participará no encontro.

Estes foron os resultados:




1º - 6,45
2º - 7,83
3º - 6,00
4º - 6,28
5º - 6,83
6º - 8,125

Noraboa a todos os participantes!

Mira aquí a descrición desta actividade

domingo, 12 de octubre de 2014

OUTUBRO: Obradoiro de arte e emocións

Os días 29 de outubro e 5 de novembro terán lugar no colexio dous obradoiros para o alumnado de 3º e 4º e 5º e 6º respectivamente.

Estes obradoiros están desenvolvidos íntegramente polo Museo de Arte Contemporánea, a artista que visitará o noso centro e o impartirá é Mónica Alonso, e o seu traballo será As cores da razón e as cores da emoción, segundo as súas propias palabras:

"O taller está formado por dúas partes.  
Primeira, aproveitando a miña presenza como artista, presentar a profesión de artista. Procesos de creación, produción, exposición, distribución. Tratar todas as dúbidas que poidan xurdir arredor do tema. A miña profesión é artista, presentarme a través da miña biografía e a miña obra. Facer unha presentación de recorrido da miña obra incidindo sobre os proxectos actuais. Visualización de diferentes tipos de traballo dende a arte a psicoloxía e a arquitectura 
Segunda, realizar un traballo de creación. Reflexionar sobre a percepción cromática de elementos de referencias comúns. Distinguir entre as cores da razón e as cores da emoción a través da presentación de distintos elementos. Deseñarei un cuestionario que relacione conceptos, obxectos, con cores. Este cuestionario será pasado a todos os participantes do taller, a partir de el comezaremos a traballar sobre as cuestións comúns ou distintas."

Estes obradoiros serán un apoio para o traballo da educación emocional do noso alumnado e un xeito de formación para o profesorado do centro, que se proxectará no tratamento dos materiais do programa Educación Responsable.

sábado, 11 de octubre de 2014

OUTUBRO: Liga Profesional de Ortografía




Durante o primeiro trimestre terá lugar a primeira Liga Profesional de Ortografía. Organizada desde o ENDL e coa colaboración de todo o profesorado, Desenvolverase para todas as clases de Educación Primaria. 



Nela, os grupos participarán competindo con aquelas regras ortográficas que se están a traballar nos distintos períodos e están decorando os corredores do colexio.

A liga desenvolverase en dúas fases:

A primeira, chamada "TODO SUMA" será organizada como segue:


  • Os diferentes grupos acudirán á aula TIC, onde cubrirán un formulario, nos días sinalados.
  • Coas puntuacións acadadas por cada clase, teremos as sucesivas puntuacións de aula, para cada día.
  • Ao final do cuarto día de competición, dará inicio a segunda fase.
A segunda fase, "ELIMINATORIA" será organizada como segue:

  • Resultante da fase anterior, teremos unha listaxe ordenada por puntuacións dos seis grupos.
  • Enfrontaranse dous a dous segundo o esquema.

REGRAS QUE SE VAN TRABALLAR NESTE PERÍODO:

ATA O 20/10: O <h> en lingua galega e o uso das maiúsculas en lingua castelá.
DO 21/10 AO 3/11:
DO 4/11 AO 17/11:

viernes, 10 de octubre de 2014

OUTUBRO: Educación Responsable en Santiago de Compostela

O pasado día 9 de outubro, o noso colexio estivo representado na xuntanza de coordinadores e responsables do Programa Educación Responsable, do que somos centro piloto na provincia de Lugo.




A xuntanza tivo lugar na Cidade da Cultura, e entre as súas finalidades estaba a de dar a coñecer as últimas novas e instrucións sobre a implementación do programa e, tamén, manter unha comunicación "en rede" mediante video conferencia coas outras comunidades autónomas que teñen este programa implementado ou están a punto de inicialo, como ocorre con Galicia.





Á primeira parte da xuntanza asistiron responsables políticos e das fundacións implicadas e aproveitaron para nos agradecer a colaboración e o bo facer como profesores innovadores e implicados co desenvolvemento deste tipo de programas.

Na segunda parte, os responsables directos na Consellería e nas fundacións, anunciaron que:


  • Xa está aberta a formación on line (Platega2) para todos os responsables de recursos deste programa.
  • Para o primeiro trimestre, os centros educativos terán que traballar os recursos do Banco de Ferramentas (Educación Infantil e Educación Primaria) e os de Lee (Literatura para Educación Infantil). Precisamente, deste recurso, tivemos a actuación do Mago da Palabra, que é o responsable da factura dos videos que compoñen o recurso.

martes, 7 de octubre de 2014

OUTUBRO: "Entre Letras"

"Entre Letras" nace como unha proposta cultural transversal que inclúe Literatura, Arte, Música e Gastronomía, de mans do ENDL e o conxunto do profesorado.


Pretende achegar ao noso alumnado a realidades culturais máis ou menos próximas no espazo e no tempo, pero que, a priori, descoñecen. Este achegamento terá un sentido lúdico e natural que nace fóra da aula, aínda que pode ser aproveitado no desenvolvemento das clases.

Igualmente pretende imbuir no noso sentir a proximidade doutras culturas, o respecto polas diferencias, e abrir a nosa capacidade de escoita e visión a situacións novas, espertando a curiosidade por coñecer outras realidades visuais, sonoras e gustativas. É abir o centro ao mundo, igual que se abre ao contorno.
Literatura: Habilitado un espazo na entrada do colexio para a lectura recomendada, que sempre será proposta, igual para todo o centro, relacionada con algún criterio pedagóxico. É un espazo acolledor e será ampliado ao longo do curso, como un recuncho para ler.

Música: En relación coa lectura seleccionada, será un motivo de estudo musical, co obxectivo fundamental de presentar outras realidades sonoras. 

Arte e Gastronomía: Cada mes cociñarase no comedor un Menú Internacional, que coincidirá coa inauguración dunha Exposición de Arte dese país no Comedor Escolar, e que será traballada no vocabulario relacionado e a súa expresión plástica.



domingo, 5 de octubre de 2014

OUTUBRO: A voltas coa ortografía

Desde o ENDL, en colaboración con todo o profesorado, estamos iniciando unha Campaña para mellorar a Ortografía do noso alumnado.

Esta campaña consiste en traballar dúas normas ortográficas por mes e idioma, mediante elaboracións de listaxes de palabras que as cumpren, elaboración de "marcadores" para as paredes, sensibilización por parte de toda a comunidade para tratar as posibles faltas de ortografía...

Cada mes celebraremos "mini-concursos" para motivar ao alumnado e fixar o traballo realizado durante esas semanas. E estes concursos manteranse durante o curso en forma de "liga deportiva".

Haberá diferentes recursos para adquirir unha boa ortografía, por iso, temos creado un novo blog para contelos. Nel haberá actividades, xogos en rede, novas interesantes... Este é o enlace, pero estará permanentemente enlazado, tamén, na columna da dereita deste blog. 

Este é o video promocional da nosa campaña: