sábado, 21 de marzo de 2015

FEBREIRO: EDUCACIÓN RESPONSABLE. BF - EP2

O alumnado de 6º é o encargado de desenvolver as tarefas do Banco de Ferramentas de Primaria (Ciclo superior) proposto por Educación Responsable.

Para este trimestre traballaremos a nivel cognitivo.

TAREFA 1: TOMA DE DECISIÓNS.

Visionado do vídeo (unha escena da película "Los amantes del Círculo Polar") e Role Play. Despois do debate e da recreación da situación que se deriva da escena da película, pídese aos alumnos que se sitúen na pel de cada un dos protagonistas: nai, namorada, namorado e nova parella da nai. Despois solicítase a escrita dunha carta de amor na que ten que aparecer:

- Destinatario e remitente da carta.
- Situación persoal do remitente.
- Explicación dos sentimentos que ten.
- Solicitude que fai ao destinatario.

Todas estas cartas entrarán ao concurso no Entre Letras de febreiro

Esta é a recompilación das cartas de sexto.


Pero a toma de decisións vai moito máis alá dun simple Role Play, por iso, imos traballar, tamén, as normas no comedor, tendo que decidir entre as fundamentais e elaborando, con esas decisións un cartaz para a escola. Esta proxección da tarefa levarase a cabo na participación dos nenos de 6º como convidados no Proxecto Europeo eTwinning que se está a desenvolver na Aula de PT. E será levado a cabo co seguinte proceso:

INICIO DA ACTIVIDADE: ELABORACIÓN DE VIDEOS COAS NORMAS E O FUNCIONAMENTO DO COMEDOR.





DESENVOLVEMENTO DA TAREFA: REDACCIÓN EN DOCUMENTO COLABORATIVO CON PORTUGAL, DAS NORMAS COMÚNS DOS COMEDORES DOS CENTROS SOCIOS DO PROXECTO

ELABORACIÓN DUN CARTAZ COAS NORMAS




FINALIZACIÓN DA TAREFA: PRESENTACIÓN DO CARTAZ NO COMEDOR ESCOLAR, PREVIA APROBACIÓN POLA ENCARGADA DE COMEDOR.





TAREFA 2: VALORES


"LA CRUZ ROJA"



A reflexión irá de cara a ver a nosa participación en campañas nas que se envolve o colexio: Recollida de Alimentos, Recollida de tapóns de plástico e Recollida de xoguetes. Igualmente, encontraremos información sobre qué facemos cos ingresos do noso Mercado Solidario.



Despois, analizamos a nova publicada no noso blogue para a Campaña de Xoguetes de Nadal, contaremos coa Presidenta da ANPA do cole, unha das máis activas colaboradoras nesta campaña solidaria.

Este é o documento que recolle todas as iniciativas solidarias que levamos a cabo nalgún momento do curso, no cole. E a invitación do noso alumnado para participar nelas.

TAREFA 3: AUTOCONTROL


"CONTROLA ESE MAL HUMOR"


Visionado deste video e xogo de roles: "Cando perdo o control?" O alumnado ten que reflexionar sobre situacións problema e representar o que habitualmente ocorre e o que podería mellorar se houbese un maoir control sobre as nosas accións.

Este é o vídeo das sesións:



TAREFA 4: SAÚDE

"AS DROGAS NON SON UN XOGO"

Chega o momento de pensar en adiccións que temos, naquelas actividades que nos restan saúde ou tempo de lecer para disfrutar cos amigos, a familia... de hábitos saudables.

Para iso, despois de ver o publicitario recomendado, o alumnado reflexiona sobre tempos e actividades que lle restan a posibilidade de relación. Encontran o aspecto negativo de tal adicción e colaboran nun documento compartido de "confesións". É este Padlet.





No hay comentarios:

Publicar un comentario