jueves, 18 de junio de 2015

XUÑO. Educación Responsable - Terceira sesión en rede




O día 18 de xuño asistimos á terceira reunión en rede do programa Educación Responsable. A xuntanza, que contou coa participación de todas as Comunidades Autónomas implicadas. O lugar elixido foi a Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.




Na xuntanza, aparte da conexión multilateral, houbo ocasión para a exposición de dúas experiencias en Galicia. Nunha delas, a do CRA Ponte da Pedra, en Carballo, contouse a celebración do Día das Emocións, na que o CEIP San Xoán tamén participou. Podes ver aquí a información relativa a ese día.



Informouse sobre as previsións para o próximo curso. A proxección do programa é imparable: desde 5 centros en Cantabria, hai 5 anos, ata os máis de 200 que seremos a partir de setembro... Momento no que unha nova comunidade, Castela-León, tamén formará parte da rede.

Houbo tempo para resolver as dúbidas do desenvolvemento do segundo ano do programa, en centros coma o noso. E, para finalizar, unha reflexión sobre a creatividade, a cargo de Carlos Luna, profesor da Universidade de Cantabria e asesor creativo da Fundación Botín.





No hay comentarios:

Publicar un comentario