miércoles, 27 de mayo de 2015

MAIO: Mmm... que rico!


Comezamos un novo tema no EntreLetras, será o "Mmm... que rico!". Trataremos  o tema "cociñamos e comemos", como en todos os EntreLetras, desde catro perspectivas:

Mmm... Que rico! Literario

Traballaremos a receita de cociña como tipo textual, e elaboraremos o receitario das nosas comidas preferidas, coa participación das familias, para o noso comedor escolar e, coa axuda da nosa compañeira Toñi, veremos da posibilidade de as incluír nos nosos menús. Ide pensando en cal será a receita que enviaredes...

Como todos os anteriores, este EntreLetras vén cunha exposición de novidades literarias, libros que se exporán na entrada escolar para o disfrute de todos.

Mmm... Que rico! Gastronómico

Na última semana de cole teremos menús especiais, "que ricos!", elixidos entre os que compoñen o noso receitario particular elaborado neste próximo mes.

Non podemos esquecer que estamos a punto de celebrar o Día da Nutrición, para o que teremos a visita de alguén moi relacionado coa nosa saúde... e que nos contará o importante que é a alimentación para esta.

Mmm... Que rico! Musical

Xa iniciamos a recompilación de cancións que teñen que ver coa comida... Cantas coñeces? A fame que  dan!





Mmm... Que rico! Artístico




Para esteEntreLetras o noso traballo en arte estará centrado en dous aspectos:

A reciclaxe artística: a decoración do Mmm... Que rico! é unha cociña feita a partir da reciclaxe de cartóns, papeis e plásticos, pois na cociña hai moito que reutilizar e reciclar.

video



Tamén reutilizaremos materiais para elaborar produtos artesáns para vender no Mercado Solidario.



Non podemos esquecer o "bicherío" de reciclado que está ocupando o noso xardín... Fuches velo?



O segundo aspecto, a nivel artístico, é a elaboración de stopmotions con comidas que realizarán os alumnos de quinto e sexto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario