miércoles, 22 de abril de 2015

ABRIL: Semana do Libro e os Dereitos de Autor

Desde o día 20 ao 24 deste mes estamos de celebración no cole porque o 23 é o Día do Libro e dos Dereitos de Autor. Por iso temos as seguintes actividades, organizadas desde o Entre Letras, coa colaboración do ENDL.




MARTES 21: Reinauguración da Biblioteca, coa actuación de Carlos Coira. Podes ver a nova neste enlace do EntreLetras.



XOVES 23: Celebración do Día do Libro. Con diferentes actividades de aula e biblioteca.  





MARTES 28: Francisco Narla visitará o noso cole para falarnos sobre a arte de escribir historias e sobre a importancia do respecto aos dereitos de autor. Francisco é autor de novelas de recoñecido prestixio, como Assur ou Ronin  que chegaron a ser Best Seller mundial ou a relanzada, en breve, Caja Negra. En un futuro próximo presentará a súa nova obra Donde aúllan las colinas. Con el iniciaremos, en BiblioLío a nosa sección de literatura para adultos, pensada para as familias. Pediremos a súa colaboración para o noso próximo obradoiro de escrita creativa, que terá lugar no mes de maio. Podes ver aquí todas as imaxes.

Este é o vídeo resumo da súa sesión.





Participación das familias, pois Ler en Familia é unha actividade saudable e divertida. A nosa proposta é colaborar na iniciativa do Observatorio da Lectura e o Libro, #leeresparami. En que consiste?

Trátase de contarnos "Que é para vós ler?". Podedes escribir un pequeno texto, unha imaxe ou calquera idea que se vos ocurra (ilustración, collage, poesía...).



Esta é unha ficha modelo, que se pode utilizar, pero podedes enviarnos a vosa resposta escrita sen ser nela. 
A participación foi un éxito, tal que publicamos todas as achegas das familias e participamos co Observatorio. Podedes ver, neste enlace ao EntreLetras, todas as fichas.


Contamos convosco!

Pequeno Libro Sentado, o noso indio, tamén lanza outra iniciativa de lectura... " Libros libres"... As persoas que desexen participar, terán que deixar un libro da súa propiedade en algún lugar da escola... Poderán ler outro dos libros libres e descubrir que compartir tamén é algo que podemos facer lendo... A lectura une, nos comunica... E nós quermos facer do cole unha gran Biblioteca Libre. Cada "libro libre" leva unha guía interior que describe a súa viaxe polos lectores que pasa... Dalgún xeito, os "libros libres" son libros que falan... Non cres que é unha idea fantástica para seguir lendo?


A importancia desta celebración lévanos a relacionala coa Semana da Prensa, que celebraremos na próxima semana. Podes ver aquí toda a información.

Mira neste enlace como naceu esta nova.

No hay comentarios:

Publicar un comentario