martes, 24 de febrero de 2015

FEBREIRO: Desenvolvemento do Entre Letras "Love is in the air"



A inicios de febreiro, describimos como se desenvolvería o Entre Letras para este mes.
A amplitude das liñas de traballo lévaronnos a decidir prolongalo unha quincena máis.



Este é o momento de ir compartindo convosco os resultados dos nosos traballos:

a) Entre Letras Literario: Con tres liñas:

- Historias de Amor, con Romeo e Xulieta, de William Shakespeare, en especial. Forma a nosa exposición de libros da Biblioteca temática, na entrada, para préstamo.




Representación da obra de teatro "Romeo e Xulieta, Historia de amor xunto a unha maceta", adaptada da obra de José Luís García.




Este é o vídeo da obra de teatro:




E este vídeo forma parte da presentación, a cargo de Alex e Tamara, de sexto,  ao alumnado de quen foi William Shakespeare e a relevancia da súa obra Romeo y Julieta.





- Participación no Día de Rosalía co traballo "Eu son Rosalía, porque Rosalía é amor". O vídeo elaborado polo alumnado de infantil e primaria, é a nosa achega á obra literaria da nosa poetisa no seu día, o 23 de febreiro.





- Concurso de Cartas de Amor. Que amplía o seu prazo para favorecer a participación do alumnado. 

Os gañadores deste concurso foron: Carlos e Alberto, de primeiro de primaria, polas cartas máis amorosa e máis romántica, respectivamente. Ainara, de quinto, recibiu o premio á carta mellor presentada e Alex, de sexto, á mellor carta de amor.




b) Entre Letras Artístico: Fotografía para o amor.

A exposición deste Entre Letras é de fotografías editadas polo noso alumnado nas súas aprendizaxes en TICs e  expresan este sentimento.

Igualmente, fixemos unha amorosa estrutura para facer fotos. Pero, para poder facelas, os alumnos deben cumprir un requisito. Este requisito é escrito en verso:

"Se queres que unha foto como esta che fagamos
un verso de amor has de escribir para que leamos.
De entre as fotos amorosas escollermos as máis fermosas
e nas paredes do comedor estarán colgadas para deleitarnos as miradas"


Con estas imaxes faremos a exposición do Entre Letras Love is in the Air, no comedor, mentres dure. Ver aquí todas as fotos.

c) Entre Letras Musical: Cancións de amor: Con dúas liñas:


- O Buzón de Cancións de Amor recolleu todas as peticións de alumnado e profesorado para facer unha selección que soa na entrada á escola e nos leceres. Son todas as nosas cancións favoritas de temática amorosa.
- A intervención do Grupo Batital que constituiu unha sorpresa para o alumnado, xúntase ao traballo na clase de música do tema elixido lema para este Entre Letras ("Love is in the Air") e ás cancións corais do Coro das Emocións de E.R.



d) Entre Letras Gastronómico: 

O Comedor Escolar, coa colaboración de Toñi e Ana, encheuse de amor no menú do día Entre Letras, coa sobremesa "Palmeriñas en forma de corazón con marmelada de morango".


No hay comentarios:

Publicar un comentario