sábado, 24 de enero de 2015

XANEIRO: Semana da Paz


O día 30 de xaneiro celébrase do Día da Paz. Para todos nós a paz e a non violencia forma parte dun ensino en valores que se prolonga durante todo o curso, todos os cursos. Porén, é un momento de reflexión compartida e de visibilidade dos nosos progresos neste sentido.

Este ano, en combinación co noso traballo en Educación Responsable, o ENDL coa colaboración do profesorado do centro ten as seguintes actividades preparadas para esta semana:

1. Visionado da nosa adaptación da canción "Color Esperanza". Trátase dun Flashmob que o alumnado e profesorado, dirixidos pola profesora de música, están a preparar desde hai unhas semanas.

2. Coloración do Arco da Vella con palabras relacionadas coa Paz. Este Arco da Vella naceu branco e, na entrada, espera irse enchendo de cor a base de palabras que expresen paz para cada unha das persoas que por aí pasan. Convidados a esta iniciativa están todos os visitantes da escola, igualmente, participarán os alumnos portugueses e turcos que están a desenvolver un proxecto europeo cos nosos nenos. Por iso, é un Arco da Vella da Paz, da Interculturalidade e do Multilingüismo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario