miércoles, 14 de mayo de 2014

MAIO: A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Do 12 ao 16 de maio estamos de festa no colexio. É a Semana das Letras Galegas. Un momento para deternos a festexar a nosa cultura e a nosa língua dun xeito máis especial.
Por iso, o equipo docente en colaboración co ENDL e en relación co Plan Proxecta, organizamos as seguintes actividades:

LUNS 12: CONTACONTOS

O alumnado de 3º e 4º escribiu, de xeito colaborativo dous contos en Storybird. Eses contos están colgados neste enlace, da Semana do Libro.
Na tarde do luns, os contacontos foron especiais, os propios nenos contaron e ensinaron a súa obra en galego aos pequenos de primeiro ciclo e educación infantil.
Mirade as imaxes do día:



MARTES 13: DANZAS REXIONAIS E MAIOS

Blanca Villar Naveira a profesora que ensina aos nosos pequenos a bailar ao xeito tradicional, achegouse á escola para contarnos o que significa ser profesora de bailes rexionais. A entrevista, levada polos alumnos de terceiro ciclo foi moi interesante e está encadrada nos estudos levados a cabo para os oficios do contorno do Plan Proxecta.




Despois da entrevista, Blanca organizou un maio, coa colaboración de todos os alumnos, no patio do colexio. Para este maio, as familias colaboraron enviando ramas e flores que os nenos colocaron.


Mirade como se desenvolveu o día.









XOVES 15: MÚSICA FOLK E DÍAZ CASTRO.

Para o xoves, a xornada foi variada, por unha banda, continuamos con músicos galegos, polo que disfrutamos do vídeo que o grupo folk Estoupa Caldeiros fixo para contarnos como se traballa para levar adiante un grupo como este, durante máis de 30 anos, disfrutando da experimentación musical, da festa e da tradición, e construíndo un legado que deixar ás novas xeneracións de "Estoupas"





Despois, puidemos aprender algo sobre quen foi Díaz Castro, coa liña do tempo que preparou o IES San Paio, para as Letras Galegas deste ano.








Por último, hoxe fixemos a estrea da nosa curta sobre Díaz Castro e o seu poema Penélope, que dirixiu e produciu Bruno Pena Calvo. Neste enlace podes seguir como se fixo a curta.


Aquí vos deixamos a nosa obra:




VENRES 16: PROFESORES DE MÚSICA E ACTUACIÓNS MUSICAIS


Neste día o colexio encheuse de música tradicional. Comezamos coa entrevista a Pablo Pintor Sánchez, profesor da Escola de Música de Becerreá, profesor dalgún dos nosos alumnos e dalgún pai da nosa comunidade educativa.
Na entrevista, descubrimos como é o oficio de músico tradicional, das dificultades de vivir da música, do percorrido profesional de Pablo... Soubemos como é e como soa unha gaita galega... E aprendimos que de canas podemos facer instrumentos musicais, como fixeron os nosos antergos.
De novo a música como parte activa na festa e na alegría, pero tamén na adquisición de importantes valores: a disciplina, o traballo, a aprendizaxe, o esforzo, o compañeirismo...
Podedes ver aquí un vídeo explicando como é e funciona unha gaita.
Logo da entrevista, xuntáronse a Pablo Suso e Óscar, pais de Marco e Martín de 3º, Alberto para acompañalo coas súas gaitas, e Adela, nai de Xoel de Educación Infantil, ao bombo. Neste particular grupo non faltou Diego, alumno de 6º, coa súa gaita.


A continuación podedes ver imaxes do día e vídeos da actuación.





Pero a todo gran día corresponde un gran momento. Para nós foi interesante pechar o acto cunha alegre canción. Así que os alumnos de 5º e 6º prepararon na clase de música esta actuación. Non vola perdades!



(Ver aquí a versión orixinal de Paco Nogueiras)

VER TODAS AS IMAXES DO DÍA. 



ENLACES DE INTERESE NA NOSA CELEBRACIÓN DO ANO DE DÍAZ CASTRO:



VER MÁIS IMAXES DESTA SEMANA



No hay comentarios:

Publicar un comentario