jueves, 20 de junio de 2013

XUÑO: Desenvolvemento das I Xornadas de Xoves pola Sostibilidade e a Paisaxe

O 19 de xuño de 2013 fomos ao Pazo da Cultura para participar nas I Xornadas de Xoves pola Sostibilidade e a Paisaxe.

O evento era unha especie de congreso paralelo para profesores e para alumnos, nel, o alumnado estaba reunido segundo fosen de primaria ou secundaria, para expoñer os seus proxectos e debatir sobre eles.

A segunda parte da mañá foi para obradoiros: os nenos de primaria fixeron xogos colaborativos, os de secundaria debates para a asunción de retos para a escola. Entre tanto, os profesores asistimos a debates sobre a situación da educación por proxectos na actualidade dos nosos centros.

Despois da comida, iniciamos o Espazo interactivo, ao que cada centro levou unha mostra do seu traballo, co obxecto de amosalo e de facer algunha actividade coas persoas asistentes. Nós levamos un estudo estatístico sobre a poboación que alí se reunía, para obter un gráfico que nos dese información acerca do lugar onde viviamos. Tamén convidamos aos asistentes a que escribisen unha palabra que reflectise a sensación que as imaxes da nosa Exposición sobre o Despoboamento lles espertaban.

O día foi un maratón... Rematou preto das once da noite... Pero... hoxe, os sorrisos dicían que era unha experiencia para repetir.

Este é o video das imaxes do día


Este é o vídeo de Yolanda e Diego durante o seu relatorio



2 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Fantásticos meninos! Portaram-se como adultos conseguindo ultrapassar os imprevistos técnicos. Nem todos o conseguem com tal naturalidade, apenas os que estão bem envolvidos e bem acompanhados no seu processo de formação. Isto é a prova da autenticidade de um projeto. Parabéns!

    ResponderEliminar