miércoles, 29 de mayo de 2013

XUÑO: Seleccionados para asistir ao I Encontro de Xoves pola Sostibilidade e a Paisaxe

A nosa participación nos proxectos A21EG e 12M12P, ámbolos dous incluídos no Plan Proxecta, levounos a ser un dos centros que participarán na

I Xornada de Xoves pola Sostibilidade e a Paisaxe

que se celebrará o próximo día 19 de xuño en Pontevedra.

A ela asistirán uns douscentos alumnos, de 50 a 70 docentes e representantes de 5 comunidades autónomas. O programa da xornada é o que segue:

HORA
SECUNDARIA
PRIMARIA
PROFESORADO
10:00
RECEPCIÓN

10:30
Apertura do encontro
Equipo de Comunicación
11:15
Seminarios temáticos (5)
Presentación de experiencias 1 aria
1 ariaApoio presentacións
2 ariaDebate
12:45
Presentación experiencias 2aria(6 aulas)
Xogo Didáctico
1 ariaDebate
2 ariaApoio presentacións
14:00
ALMORZO
15:00
Espazo interactivo          .                          
15:30- 17:00
Mesa redonda profesorado

Feira de troco
17:30
Representación teatral
18:00
Presentación de Conclusións da Xuntanza

18:45
CLAUSURA

Nós asistiremos con 10 alumnos, que terán que expoñer, diante dos participantes nos seus seminarios temáticos, unha proposta de acción de mellora desde as aulas. Terán, tamén, que presentar o seu traballo no referente aos proxectos A21EG e 12M112P. Un dos alumnos será asignado ao equipo de comunicación, co que colaborará xerando información sobre a xuntanza na web de A21EG e nas redes sociais do programa.

Outra das participacións previstas é a Feira do Troco, na que cada un dos asistentes levará un obxecto para intercambiar.

VER AQUÍ O DESENVOLVEMENTO DESTA XORNADA



No hay comentarios:

Publicar un comentario