A semana final de outubro o noso cole celebra unha das tradicións máis horripilantes do ano... o noso Samaín encherá de teas de araña, cores tétricos e historias horrorosas a nosa entrada e as nosas vivencias.
O programa para estes días será:
LUNS 27: Recollida de cabazas decoradas para o Samaín, que concursarán para a Cabaza máis horrorosa do 2014. O gañador será nomeado o xoves 30, logo de termos expostas as cabazas durante toda a semana.
MÉRCORES 29: Inicio do Ciclo de Cine San Xoán. Nesta ocasión, a película seleccionada é "La Novia Cadáver de Tim Burton", para o alumnado de 5° e 6°.
XOVES 30: Gañadores dos concursos desta semana. Campaña de empréstito dos libros expostos de medo.
No comedor, neste día, teremos o Menú de Samaín, elaborado, en parte, polo alumnado maior, e incluirá a cabaza como ingrediente do primeiro prato, pechando cun postre moi especial do que non vos adiantamos nada...
Este menú será degustado despois de ver o video no que o alumnado de 4°, 5° e 6° gravaron para contar a lenda de Gustavo Adolfo Bécquer, "El Monte de las Ánimas", e que será proxectado para todo o alumnado ás 14:00 desde día, formando parte da iniciativa Entre Letras, do mesmo xeito ca o propio menú. ESTA ACTIVIDADE QUEDA POSPOSTA PARA A SEMANA DO MAGOSTO.
DURANTE TODA A SEMANA:
Estarán abertas as exposicións:
- "As Cores do Medo": Exposición dos debuxos elaborados polos nenos de todas as etapas educativas, nas que representan escenas de medo.
- No comedor, dentro da iniciativa Entre letras, teremos exposta unha mostra da obra pictórica de El Greco, pintor ao que está adicado o 2014.
- "Lecturas de medo": Na entrada, durante esta semana teremos exposta unha mostra de libros de terror, para despertar o ánimo pola lectura.
Estarán abertas as exposicións:
- "As Cores do Medo": Exposición dos debuxos elaborados polos nenos de todas as etapas educativas, nas que representan escenas de medo.
- No comedor, dentro da iniciativa Entre letras, teremos exposta unha mostra da obra pictórica de El Greco, pintor ao que está adicado o 2014.
- "Lecturas de medo": Na entrada, durante esta semana teremos exposta unha mostra de libros de terror, para despertar o ánimo pola lectura.
CARTA PARA AS FAMILIAS
Relato da veciña Ester Correa, A Pena (Baralla). 74 anos
ResponderEliminar“Cando nos eramos pequenos, por santos, tamén faciamos coma vos. Collíamos nabos ben grandes dos cochos (daquela non se estilaban as cabazas), escorocabámolos, baleirabámolos e faciamos furados e caras pra facer sombras que deran medo. Poñiámoslles unha candea de carburo drento...e non vexas! Vaia susto que daba velos!
Lembro que baixabamos ó muiño, e enchíamolo de nabos con candeas: polas fiestras, polo redor...a xente cando baixaba moito medo levaba! Mais dunha vez enchimos a estrada con eles, e os coches e os cabalos tiñan que parar, e a xente baixarse a apartalos. E santiguábanse! E as mozas e mozos escondidos morríamos coa risa.
Outra volta, había unha mestra na escola da Pena, que era unha señorita da capital. E aló fomos levarlle as candeas á porta, e deixámoslle unha no cruce do seu camiño á casa. Tal medo levou...púxose tola! Dixo que eran os mortos que viñan por ela! E nunca mais foi quen de andar de noite soa polo camiño, e tiñamos que agardar por ela sempre, pra levala á casa.
”Disque empoleiraban as candeas nos balados, pra dar a impresión de estar a altura dos homes (pero se ledes sobre o tema, atoparedes outras interpretacións). Pra @s que sodes de A Pena(Baralla): Foi Ester de Montenegro a primeira que contou. Logo na casa de Daniel da Pena confirmáronme o caso: era alí onde a mestra paraba, e tod@s lembraban o tola que se puxera, e que nunca mais quixo voltar de noite soa, e tíñana que ir acompañar.
Me gustaMe gusta · · Compartir