Durante o primeiro trimestre terá lugar a primeira Liga Profesional de Ortografía. Organizada desde o ENDL e coa colaboración de todo o profesorado, Desenvolverase para todas as clases de Educación Primaria.
Nela, os grupos participarán competindo con aquelas regras ortográficas que se están a traballar nos distintos períodos e están decorando os corredores do colexio.
A liga desenvolverase en dúas fases:
A primeira, chamada "TODO SUMA" será organizada como segue:
- Os diferentes grupos acudirán á aula TIC, onde cubrirán un formulario, nos días sinalados.
- Coas puntuacións acadadas por cada clase, teremos as sucesivas puntuacións de aula, para cada día.
- Ao final do cuarto día de competición, dará inicio a segunda fase.
- Resultante da fase anterior, teremos unha listaxe ordenada por puntuacións dos seis grupos.
- Enfrontaranse dous a dous segundo o esquema.
REGRAS QUE SE VAN TRABALLAR NESTE PERÍODO:
ATA O 20/10: O <h> en lingua galega e o uso das maiúsculas en lingua castelá.
DO 21/10 AO 3/11:
DO 4/11 AO 17/11:
No hay comentarios:
Publicar un comentario