O pasado día 9 de outubro, o noso colexio estivo representado na xuntanza de coordinadores e responsables do Programa Educación Responsable, do que somos centro piloto na provincia de Lugo.
A xuntanza tivo lugar na Cidade da Cultura, e entre as súas finalidades estaba a de dar a coñecer as últimas novas e instrucións sobre a implementación do programa e, tamén, manter unha comunicación "en rede" mediante video conferencia coas outras comunidades autónomas que teñen este programa implementado ou están a punto de inicialo, como ocorre con Galicia.
Á primeira parte da xuntanza asistiron responsables políticos e das fundacións implicadas e aproveitaron para nos agradecer a colaboración e o bo facer como profesores innovadores e implicados co desenvolvemento deste tipo de programas.
Na segunda parte, os responsables directos na Consellería e nas fundacións, anunciaron que:
- Xa está aberta a formación on line (Platega2) para todos os responsables de recursos deste programa.
- Para o primeiro trimestre, os centros educativos terán que traballar os recursos do Banco de Ferramentas (Educación Infantil e Educación Primaria) e os de Lee (Literatura para Educación Infantil). Precisamente, deste recurso, tivemos a actuación do Mago da Palabra, que é o responsable da factura dos videos que compoñen o recurso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario