Os días 29 de outubro e 5 de novembro terán lugar no colexio dous obradoiros para o alumnado de 3º e 4º e 5º e 6º respectivamente.
Estes obradoiros están desenvolvidos íntegramente polo Museo de Arte Contemporánea, a artista que visitará o noso centro e o impartirá é Mónica Alonso, e o seu traballo será As cores da razón e as cores da emoción, segundo as súas propias palabras:
"O taller está formado por dúas partes.
Primeira, aproveitando a miña presenza como artista, presentar a profesión de artista. Procesos de creación, produción, exposición, distribución. Tratar todas as dúbidas que poidan xurdir arredor do tema. A miña profesión é artista, presentarme a través da miña biografía e a miña obra. Facer unha presentación de recorrido da miña obra incidindo sobre os proxectos actuais. Visualización de diferentes tipos de traballo dende a arte a psicoloxía e a arquitectura
Segunda, realizar un traballo de creación. Reflexionar sobre a percepción cromática de elementos de referencias comúns. Distinguir entre as cores da razón e as cores da emoción a través da presentación de distintos elementos. Deseñarei un cuestionario que relacione conceptos, obxectos, con cores. Este cuestionario será pasado a todos os participantes do taller, a partir de el comezaremos a traballar sobre as cuestións comúns ou distintas."
Estes obradoiros serán un apoio para o traballo da educación emocional do noso alumnado e un xeito de formación para o profesorado do centro, que se proxectará no tratamento dos materiais do programa Educación Responsable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario