martes, 7 de octubre de 2014

OUTUBRO: "Entre Letras"

"Entre Letras" nace como unha proposta cultural transversal que inclúe Literatura, Arte, Música e Gastronomía, de mans do ENDL e o conxunto do profesorado.


Pretende achegar ao noso alumnado a realidades culturais máis ou menos próximas no espazo e no tempo, pero que, a priori, descoñecen. Este achegamento terá un sentido lúdico e natural que nace fóra da aula, aínda que pode ser aproveitado no desenvolvemento das clases.

Igualmente pretende imbuir no noso sentir a proximidade doutras culturas, o respecto polas diferencias, e abrir a nosa capacidade de escoita e visión a situacións novas, espertando a curiosidade por coñecer outras realidades visuais, sonoras e gustativas. É abir o centro ao mundo, igual que se abre ao contorno.
Literatura: Habilitado un espazo na entrada do colexio para a lectura recomendada, que sempre será proposta, igual para todo o centro, relacionada con algún criterio pedagóxico. É un espazo acolledor e será ampliado ao longo do curso, como un recuncho para ler.

Música: En relación coa lectura seleccionada, será un motivo de estudo musical, co obxectivo fundamental de presentar outras realidades sonoras. 

Arte e Gastronomía: Cada mes cociñarase no comedor un Menú Internacional, que coincidirá coa inauguración dunha Exposición de Arte dese país no Comedor Escolar, e que será traballada no vocabulario relacionado e a súa expresión plástica.



No hay comentarios:

Publicar un comentario