Para finalizar este mes, os nenos de Educación Infantil e as súas familias, dirixidos por Branca, reviviron a tradición popular dos Maios, na que a estrutura construída con flores e ramas (o maio) é a protagonista de representacións e cantigas.
Branca explicou a nenos e adultos as orixes desta tradición galega e, coa axuda de todos, fixo o maio no patio da escola.
Antes, as familias dos nenos de infantil trouxeran flores e ramas da casa para colaborar coa organización desta actividade. Con todas elas, aparte do maio, fixéronse coroas e diademas de flores.
Estas son as imaxes do día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario