1. NO ERES UN BUEN AMIGO
O alumnado, despois de visionar o material recomendado, reflexiona sobre a amizade cando é truncada por algunha acción inadecuada.
Despois do debate, contribuímos ao desenvolvemento de "Unha de Indios" da liña de traballo do EntreLetras. Para iso, visionamos este vídeo, que utilizamos para a celebración do Día da Terra, e reflexionamos sobre a mensaxe do Gran Xefe Seattle ao Presidente Americano para comunicar que non poden continuar coa negociación sobre a posesión das Reservas Indias, porque non son amigos, non parten dos mesmos principios nin poden construír a vida sobre as mesmas bases.
Para finalizar, o alumnado ten que facer un documento colaborativo no que incluír cales son as crenzas e principios que o Gran Xefe menciona e os separa do Home Branco. Igualmente, ten que pensar nunha conclusión, en forma de reflexión final. Para iso, cubren esta ficha. Mira aquí todos os resultados.
Imaxes do proceso de traballo
O proceso finalizou coa elaboración dun diálogo entre o Gran Xefe Indio e o Presidente Franklin, dos EEUU. Este diálogo foi creado de xeito colaborativo:
2. DICIR NON. ACOSO ESCOLAR
Aprender a dicir que non é algo moi importante, pois non sempre as ofertas que se nos fan son adecuadas ou pertinentes. Por iso, hoxe toca reflexionar sobre ocasións nas que é importante a asertividade.
O material proposto por E.R. é este vídeo. A partir del, temos que buscar novas en diarios nacionais nas que aparecen situacións de acoso escolar /bulling. Este novo problema social é algo que temos que definir, pois así poderemos coñecelo mellor e identificalo no noso contorno, caso de existir.
Con todas as reflexións podemos elaborar un muro colaborativo con Padlet. Para completar a reflexión, visionamos a curtametraxe "El Encargado" e, a partir dela, facemos unha tormenta de ideas con todas as emocións que nos produce.
3. HABILIDADES DE INTERACCIÓN. EMPATÍA
A calidade das relacións persoais que alimentamos ten que ver coa nosa definición como persoa. Por veces, debemos parar a ver o que acontece no noso grupo de referencia.
Educación Responsable ofrece, neste sentido, un recurso interesante, unha secuencia da película "El florido Pensil", na que un compañeiro é deixado gañar para, deixándoo contento, poder aproveitarse de que é o único que ten xoguetes como un tren ou un balón de regulamento. A cuestión é valorar se todas as nosas relacións son de boa calidade, o se, pola contra, a miúdo, temos relacións de interese...
Pero xurden outras dúbidas. Se miramos arredor... podemos valorar como son as nosas relacións no grupo, se contribuímos a que todos esteamos en boa harmonía, se nos percatamos de cales son as persoas mellor e peor relacionadas... e, sobre todo, a nosa responsabilidade na marcha das cousas.
Por iso, despois de moito reflectir e discutir, chegamos á conclusión de que podiamos averiguar cales son as relacións máis importantes dentro do grupo de traballo que, nesta ocasión foi o de 5º de primaria. Así, coa axuda do Departamento de Orientación, elaboramos un sociograma da clase.
No hay comentarios:
Publicar un comentario