Comezamos un novo tema no EntreLetras, será o "Mmm... que rico!". Trataremos o tema "cociñamos e comemos", como en todos os EntreLetras, desde catro perspectivas:
Mmm... Que rico! Literario
Traballaremos a receita de cociña como tipo textual, e elaboraremos o receitario das nosas comidas preferidas, coa participación das familias, para o noso comedor escolar e, coa axuda da nosa compañeira Toñi, veremos da posibilidade de as incluír nos nosos menús. Ide pensando en cal será a receita que enviaredes...
Como todos os anteriores, este EntreLetras vén cunha exposición de novidades literarias, libros que se exporán na entrada escolar para o disfrute de todos.
Mmm... Que rico! Gastronómico
Na última semana de cole teremos menús especiais, "que ricos!", elixidos entre os que compoñen o noso receitario particular elaborado neste próximo mes.
Non podemos esquecer que estamos a punto de celebrar o Día da Nutrición, para o que teremos a visita de alguén moi relacionado coa nosa saúde... e que nos contará o importante que é a alimentación para esta.
Mmm... Que rico! Musical
Xa iniciamos a recompilación de cancións que teñen que ver coa comida... Cantas coñeces? A fame que dan!
Mmm... Que rico! Artístico
Para esteEntreLetras o noso traballo en arte estará centrado en dous aspectos:
Tamén reutilizaremos materiais para elaborar produtos artesáns para vender no Mercado Solidario.
Non podemos esquecer o "bicherío" de reciclado que está ocupando o noso xardín... Fuches velo?
O segundo aspecto, a nivel artístico, é a elaboración de stopmotions con comidas que realizarán os alumnos de quinto e sexto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario