Esto é o que nos contan os nenos de primeiro de primaria do seu traballo co Banco de Ferramentas de Educación Responsable:
No segundo trimestre traballamos o desenvolvemento cognitivo
con fin de acadar os seguintes obxectivos:
-Aumentar a capacidade de autocontrol.
-Asumir de xeito progresivo unha toma de decisións responsables.
-Desenvolver actitudes positivas cara á saúde.
Actividade I : Coidado!
Nesta primerira
actividade traballamos sobre o autocontrol. Descubrimos a importancia de non
deixarnos levar demasiado polos nosos impulsos e o necesario de meditar as cousas e prestar atención ao que facemos para evitar riscos e
despistes.
Actividade II :Defendemos a nosa terra.
Que importante é tomar
medidas para preservar e defender o planeta no que habitamos! Nesta actividade
reflexionamos moito sobre isto, Queremos un planeta bonito, limpo e san!
Actividade III: Come de
todo, come con cuidado
É imprescindible comer de
xeito equilibrado! Estos días estivemos analizando o importante que é para a nosa saúde comer san. Temos que
prestar especial atención aos alimentos que nos benefician.
No hay comentarios:
Publicar un comentario