Si, os indios comezaron o seu asentamento no CEIP San Xoán de Becerreá... Teñen un fermoso campamento na nosa entrada... É un campamento moi especial para nós pois ten recollidas as nosas emocións en forma de tecidos...
Todo comezou o trimestre pasado, no desenvolvemento de RefleJarte, de Educación Responsable. Recollimos teas, coa colaboración das familias, que tivesen que ver coas nosas emocións, con elas quixemos facer un produto social, compartido e creativo. Algo no que escondernos para pensar, para ler, para sentir... E... con retais... fixemos un tipi indio. Mira a súa historia:
Agora sabemos que virán outros visitantes, uns dos que aprender: a súa relación co contorno, a cultura da reflexión, a simbiose coa natureza... Os indios serán os protagonistas indiscutibles do noso mes de abril, do noso próximo Entre Letras.
Non perdas ningunha das actividades que imos desenvolver. Todos: profes, alumnos, biblioteca... estamos traballando para que esta visita sexa un espazo de aprendizaxe e diversión...
No hay comentarios:
Publicar un comentario