A proposta artística para desenvolver o programa Educación Responsable pasa por reflexionar sobre a arte en relación coas emocións que suscita, pero tamén sobre a emoción que existe cando se crea unha obra de arte. Iso fará que comprendamos mellor ao artista, cando expresa, en calquera forma, os sentimentos que explican o seu traballo.
Posterior á reflexión, todos intentaremos crear unha obra plástica que recolla as nosas emocións. Isto chámase Tecendo Emocións, e forma parte da liña de traballo ReflejArte, e xa convidamos as familias para colaborar connosco.
1- recollendo emocións tecidas: todos traemos unha prenda, ou tea, que sexa emocionalmente significativa para nós. Non requere doutro requisito. Apenas que sexa importante para nós. Colabora, neste espazo o ENDL, coa aprendizaxe de vocabulario sobre emocións...
2- clasificación dos tecidos e organización dos traballos
3- organización: patronaxe, pegado, costura....
4- montaxe das pezas
5- inauguración da nosa obra, que fará parte do noso mobiliario escolar e do noso espazo emocional
Como este proceso será longo... Iremos informándovos dos nosos progresos.
Fases 1, 2 e 3:
Fase 4:
Fase 5:
Chega o momento de presentar a nosa obra... Para iso, precisamos dun espazo común pois, se ben é o final desta liña de traballo, é tamén o inicio da seguinte... Convidámosvos a coñecer o futuro do noso Tipi das Emocións...
No hay comentarios:
Publicar un comentario