domingo, 20 de abril de 2014

ABRIL: SEMANA DO LIBRO

Desde 1995 celébrase o Día  do Libro e do Dereito de Autor todos os 23 de abril de cada ano. É unha data simbólica pois un 23 de abril morreran Cervantes ou Shakespeare (1616), pero, casualmente, nese día tamén morreron ou naceron outros escritores moi importantes como Maurice Druon, Laxness, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo.
Moito antes, desde 1926, en Barcelona, desenvólvese unha tradición que hoxe ten traspasadas as fronteiras, a celebración do Día de San Jorge, onde o habitual é regalar un libro e unha flor.


Os centros educativos dependen moito da lectura e é labor nosa axudar as familias a desenvolver nos nenos o sentido pracenteiro da mesma. Nesa liña, para nós é importante adicar unha semana, rondando esa data, a festexar un sentido lúdico da lectura. Así, o profesorado, en colaboración co ENDL do centro, organizaron as seguintes actividades para a Semana do Libro 2014:

DÍA 23: BIBLIOTECA NODAL

Visita á Biblioteca Nodal de Lugo para o alumnado de Educación Infantil.


DÍA 23: O MEU LIBRO FAVORITO

O alumnado de 6º elabora un marcapáxinas alusivo para o seu libro favorito, cos libros e os marcapáxinas iniciamos unha EXPOSICIÓN na entrada do cole, que nos acompaña ata o día 30 de abril.




DÍA 24 E DÍA 28: FACEMOS UN CONTO?

O alumnado de segundo ciclo crea de xeito colaborativo un conto con Storybird. Os resultados son estes:

Piruxa e Catuxa: O conto da clase de 3º




DÍA 25 E DÍA 28: CÓNTOCHE UN CONTO

(25) Un grupo de nais de alumnos de Educación Infantil representan un conto para as tres clases da primeira etapa educativa.

(28) Os alumnos de 5º, en dous grupos, contan un conto nas clases de primeiro e segundo.


DÍA 30: AS NOSAS RECOMENDACIÓNS DE LECTURA






Pincha aquí se queres ver recursos para traballar este tema

No hay comentarios:

Publicar un comentario