jueves, 10 de abril de 2014

ABRIL: DÍA MUNDIAL DA SAÚDE




O 10 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde, para este ano, a OMS adica o día a "pequenas picaduras, grandes ameazas", como podedes ver neste enlace.

O noso cole quixo celebrar este día achegando unha visión da saúde máis próxima ao deporte, fundamental na idade escolar.
Por iso, tivemos unha visita moi especial para a última hora da mañá do día 10... Unha visita relacionada co mundo do fútbol... que nos aproximou a un xeito de vida saudable e divertido.


Para ese día contamos cos adestradores do CLUBE DEPORTIVO LUGO, Quique Setién, Juan Peón e o seu Doutor, Luis Coira.
que nos contaron como é a profesionalidade do que nós vemos como un xogo.






Por razóns de horarios e adestramentos, Iago Díaz  visitaranos outro día... Esperamos superilusionados que chegue ese momento!

A sesión desenvolveuse do seguinte xeito:

1. Visita ás aulas de Educación Infantil




2. Charla educativa sobre hábitos saudables, deporte e alimentación. Quique e Juan insistiron na importancia de adquirir bos hábitos desde nenos, dando moita importancia á alimentación baseada en froitas e verduras, xunto coas proteínas e hidratos de carbono necesarios. Comentaron a necesidade de desbotar os produtos industrializados, sempre que fose posible.

3. Sesión de preguntas elaboradas polo alumnado de 5º e 6º, que tiñan traballado o tema na clase, a partir do material recién presentado polo Clube Deportivo Lugo para escolares así como mediante búsqueda de información en Internet sobre o clube e os adestradores.


4. Firma de autógrafos.




5. Comida no comedor escolar. Para dar conta do esforzo da mañá, o menú foi compartido cos nosos convidados.

6. Aínda houbo un momento para os xogos e, tanto Quique como Juan, pasaron polo patio a dar uns toques aos balóns, xenerando ilusións nos nosos nenos.



Estas son imaxes do día:





No hay comentarios:

Publicar un comentario