O día 25 de novembro atracou no noso patio un barco moi especial, o Muralla de Lugo, que está destinado a amosar a todos os centros educativos as diferentes Reservas da Biosfera da provincia de Lugo.
Nós estamos nunha das seis reservas galegas, das que tres son lucenses, a dos Ancares - Courel.
O Barco Muralla de Lugo viaxou ata nós para contarnos como son as comunicacións dentro dun barco, os aparellos que se utilizan, o xeito en que se pode pescar algún dos nosos bens marítimos... Para finalizar vimos o vídeo da nosa reserva, entanto o encargado de nos presentar o proxecto facía os comentarios oportunos para que reparásemos nos detalles máis importantes. Foi apasionante ver a nosa paisaxe con outros ollos, os dos que aprendemos a dar un valor novo ao noso contorno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario