O día 21 de novembro o noso centro tivo a ocasión de relatar aos asistentes ás Xornadas COMBAS de Galicia o proceso de formación que levou a cabo na primeira fase deste proxecto.
A base en que nos centramos foi na sorpresa que a combinación do COMBAS co Plan Proxecta brindou como caldo de cultivo perfecto para a programación de actividades nas novas tendencias educativas que imperan en toda Europa.
A asistencia a este acto era a confirmación do noso compromiso con estes dous programas, de feito, para o curso que acabamos de comezar, unha maioría do profesorado continuará coa segunda fase de COMBAS, ampliado cun Proxecto de Formación en Centros que ten, tamén, a finalidade de instaurar as competencias básicas no noso ensino, acolléndonos á lexislación actual e ás tendencias educativas europeas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario