martes, 5 de noviembre de 2013

NOVEMBRO: O MAGOSTO

Como anunciaba a decoración de Outono, o Magosto está aí, enchendo os chans de castañas maduras, desexando ser comidas... desexando formar parte de xuntanzas familiares...

No cole, non podemos deixar de celebrar esta tradición da nosa cultura, así que... este é o programa que desde o ENDL se propón para o alumnado e profesorado do San Xoán:



DO LUNS 11 AO XOVES 14: ¿Que é un castiñeiro para ti?
Na entrada do cole haberá un castiñeiro reciclado, elaborado polo alumnado do centro, que terá escrito nas súas follas o que é un castaño para cada un de nós: informacións, sensacións, imaxes... todo é posible nesta nosa visión da árbore máis importante deste momento do ano.

DO LUNS 11 AO XOVES 14Lecturas terroríficas...
Desde o Samaín temos en marcha o concurso de Microrrelatos de Terror, que rematará o próximo día 12... Aproveitando, buscamos na Biblioteca Escolar canto libro de medo había e... aí estarán, á vista de todos, para experimentar o terror na súa forma máis literaria...


LUNS 11: Degustación de castañas e participación no seu asado (mostra simbólica)
Tamén haberá xogos populares para amenizar a tarde.



MARTES 12, (13:20): José Vázquez contará un conto de medo aos alumnos de primeiro e segundo ciclo de primaria... Coidado, nenos, el aínda non abandoou o Samaín... e ... con el... chegará... o terror!
Mirade aquí o vídeo da Historia Terrorífica
Ás 14:00: Escolleranse os mellores "Microrrelatos de Terror" e publicaranse todos nun libro que formará parte da nosa nova Biblioteca Escolar.
Mirade aquí todos os relatos.
Mirade aquí todas as fotos do día

MÉRCORES 13, (11:00): Charla de Pepé, nai de Samu de primeiro: Unha mirada ao futuro: o aproveitamento sostible das castañas.
Esta é a presentación que nos deixou no cole. Moitas grazas, Pepé, aprendimos moito ao teu lado!
Aquí está o vídeo coas imaxes do día:

MÉRCORES 13, (a partir das 12.00): O alumnado de terceiro ciclo elaborará unha tarta de castañas para degustala no comedor escolar.



VENRES 15, (a partir das 13.30): O alumnado de primeiro ciclo fan voar as súas  castañas voadoras feitas nas clases de plástica. (ver o vídeo completo)

Castañas voadoras

No hay comentarios:

Publicar un comentario