viernes, 21 de noviembre de 2014

NOVEMBRO: SOÑOS ÁRABES

Retomando a actividade do Entre Letras, desde o 24 de novembro ata o 4 de decembro celebraremos "Soños Árabes".

LITERATURA:

Comezaremos cunha Exposición de Libros, desde a Biblioteca Escolar, de temática árabe: contos, arte, civilizacións... Estará na entrada do colexio e os libros serán prestados o xoves 4, no lecer.

O día 26 contaremos coa colaboración de Aziza e Naima, nais de Fátima Z., Ayoub, Asmae, Fátima A. e Muna. Elas achegarán ao noso Entre Letras "Un Conto Árabe", en dúas sesións, ás 12.30 para os nenos máis pequenos (E.I., 1º e 2º) e ás 13:00 para os demais. Este é o video da súa intervención




A partir das 13:45 farán unha demostración de decoración nas mans con henna, para todas as nenas que o desexen, á vez que nos explicarán o significado desta importante tradición. Así foi:




A partir dese día, os alumnos de 2º, 5º e 6º elaborarán diferentes versións plásticas e literarias do conto, que se exporán no recuncho do Entre Letras, para todo o alumnado.

Aziza e Naima quedaron a comer connosco. Elas convidáronnos a doces, pan e té de Marrocos. Mirade qué ben!





MÚSICA:

Nas clases de música, procuraremos unha achega á música árabe. En especial, atenderemos as suxestións de Aziza e Naima, pero tamén escoitaremos a Ara Malikian, considerado un dos mellores violinistas actuais, de orixe armenio, hai un par de meses estivo de xira en Lugo, e deixounos marabillados co seu quefacer.


Podes ver aquí a Ara Malikian explicando e interpretando El Otoño, de "Las Cuatro Estaciones" de Vivaldi para nenos:




ARTE:

O Comedor Escolar recollerá, durante estes días, imaxes de Arquitectura árabe, unha ventá aberta ao mundo.

GASTRONOMÍA:

Na semana seguinte, teremos a ocasión de degustar un menú árabe no Comedor Escolar, no que teremos a sorte de degustar o  famoso Cuscús.


VERSIÓNS DO CONTO:

ESTA É A VERSIÓN DA CLASE DE 6º DE INFANTIL, CON ASMAE



ESTA É A VERSIÓN DA CLASE DE 2º, CON AYOUB:




ESTA É A VERSIÓN DA AULA DE PT, CON FÁTIMA A. (ver a noticia no blog)



No hay comentarios:

Publicar un comentario