Acabamos de saber que o noso centro foi galardonado co Selo de Calidade Europeo polo proxecto eTwinning "La historia de mi casa" que se desenvolveu durante o pasado curso co alumnado da Aula de PT.
Este proxecto tiña como obxectivo último a capacitación en competencias clave do noso alumnado de ACI, e foi levado a cabo con outros centros educativos europeos, concretamente cunha escola portuguesa e outra turca. E contou coa colaboración das familias implicadas e as institucións da zona.
O galardón segue ao que recibimos en setembro, a nivel nacional. Grazas a todos pola colaboración, sen a que tería sido moito máis difícil facer un proxecto de calidade. Grazas ao Servizo Nacional eTwinning e ao Servizo Central, en Bruxelas, polos dous galardóns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario