Chega o fin de curso e, con el, as avaliacións. Durante este ano traballamos moito no noso Plan Proxecta, en colaboración co ENDL, o Equipo de Biblioteca e o TIC, así como o Grupo de Traballo creado para a formación do profesorado no colexio.
Este é, polo tanto, un momento propicio para a avaliación de todo o feito. Por iso, alumnos e profesores participamos nunha xornada de revisión do feito e de elaboración de conclusións conxunta.
A orde do día desta sesión de avaliación foi a que segue:
A orde do día desta sesión de avaliación foi a que segue:
1. Revisión do documento
que recolle as 63 actividades levadas a cabo durante este curso e que
se incluíron na memoria do Plan Proxecta. Observación das liñas de
traballo xerais que as conteñen.
2. Expresión das
valoracións persoais de cada alumno, mediante o recheo das "Dianas
de Valoración" feitas para a ocasión. A primeira diana recolle
aspectos temáticos do proxecto e a segunda, aspectos metodolóxicos
do seu desenvolvemento.
3. Expresión das
valoracións persoais de cada alumno: Os grupos de 5º e 6º responderon este cuestionario. Podes ver aquí os resultados do mesmo.
4. Revisión dos
resultados e conclusións da sesión, en presencia do Equipo
Directivo e a Xefa do Departamento de Orientación.
Por outra banda, os profesores respondimos tamén un cuestionario. Podes ver aquí os resultados.
Parece que a nosa visión do feito e das posibilidades de traballar co Plan Proxecta son moi positivas!
Damián e Tamara explican as dianas de avaliación
Joana e Miguel explican os resultados do formulario
Damián e Tamara explican as dianas de avaliación
Joana e Miguel explican os resultados do formulario
Estas son imaxes do día:
No hay comentarios:
Publicar un comentario