jueves, 20 de marzo de 2014

MARZO: UN OFICIO MÁIS, OS MUIÑEIROS

No plan de traballo do Proxecta e do ENDL, continuamos a estudar oficios tradicionais do contorno.

O día 20 fixemos unha saída a un muíño.

Casa de Pedrares, máis coñecida pola Casa do Muiñeiro, abriunos as portas para ensinarnos moito do que de tradición hai na moa de gran. Pan e trigo foron moídos alí cando, cada día, as pedras recibían a auga que convertía o gran en fariña que levar á casa.

O muíño está en Fontes, para alá do Cereixal e Furco, nun paseo superagradable, mellorado polo bo día que nos acompañou.

Veva, que nos atendeu con inmellorable dedicación, explicounos:


  • O funcionamento dun muíño e as pezas que o compoñen.
  • O funcionamento da máquina de limpar o gran do polvo.
  • O xeito en que as pedras de muíño levan canles de distribución e como eses canles e a propia superficie da pedra eran "picadas" frecuentemente para o seu funcionamento.
  • O proceso en que o gran se converte en salvado e en fariña de primeira, segunda e terceira.
  • O sistema de cobro que o muíño tiña para os seus servizos.
  • A zona que abranguía o muíño para moer.
  • A fonte que abastece o pozo que move os rodicios deste muíño.
Foi un día absolutamente aproveitado, que nos deu pé a moitísima información coa que traballar nas aulas nos próximos días.

Mirade os materiais de estudo que nos traemos:

A explicación de Veva:


Os exteriores:




As imaxes do muíño:



As imaxes da fonte que o alimenta:


As imaxes do día:




No hay comentarios:

Publicar un comentario