lunes, 24 de marzo de 2014

MARZO: REUNIÓN INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS



A participación do noso colexio en plans e proxectos de marcado carácter innovador leva ao equipo docente implicado á decisión conxunta coa dirección da ANPA de celebrar unha xuntanza informativa sobre ditos proxectos e a súa importancia no desenvolvemento docente.

As liñas de traballo coas que contamos están incardinadas do seguinte xeito:


Plan Proxecta, no que participamos con Sustentabilidade e Paisaxe e Máis e Mellor Educación Física.

Proxecto ComBas, de formación do profesorado, que persegue a instalación da aprendizaxe por Competencias Básicas, Competencias Clave, segundo a terminoloxía da LOMCE, que recolle a terminoloxía europea para este concepto.

PFPP, Proxecto de Formación Permanente en Centros, que persegue a nosa formación continuada e nos dá a base para levar á práctica o Proxecto ComBas.

O Proxecto eTwinning, europeo, con temática moi próxima á liña de traballo do Proxecta para este curso.

Os Plans de Centro procuran dar sustento a todos estes plans de traballo, facilitando agrupamentos e dotando de sentido a súa aplicación no marco docente do colexio.

Para a explicación de cada unha destas liñas, para a xustificación da súa implantación, celebramos


UNHA XUNTANZA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS, ESPECIALMENTE DO TERCEIRO CICLO (ALUMNADO DO PLAN PROXECTA E eTwinning), O PRÓXIMO DÍA 24 DE MARZO ÁS 17.00 NO SALÓN DE ACTOS DO CENTRO.



No hay comentarios:

Publicar un comentario