domingo, 23 de febrero de 2014

FEBREIRO: Díaz Castro

O 19 de febreiro celebrouse o centenario do nacemento do Poeta Díaz Castro,  o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2014.

En colaboración do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, o ENDL organizará para o noso colexio unha profundización na vida do autor ao longo deste curso.
Nesta ocasión, os alumnos de terceiro ciclo verán o documental "A lus do mundo: Redescubrindo ao poeta Díaz Castro" realizado polos alumnos do Instituto de Guitiriz, para coñecer o autor no seu contexto, nas súas raíces.



Coñecerán algúns dos poemas, cantados polos alumnado chairego, dirixidos pola súa profesora de música, Sandra Tenreiro, que os musicou.


Participarán nun karaoke, para descubrir un poema máis do autor de Nimbos.


A selección de Díaz Castro, de entre os autores galegos candidatos, ten moito que ver coas iniciativas a prol deste autor que partiron do IES Poeta Díaz Castro e da Asociación Cultural Xermolos, de Guitiriz. Se queres ter información sobre estas iniciativas, podes ver este video, coa presentación da candidatura e das actividades que se celebrarán para o centenario do seu nacemento.



Podes ver aquí as imaxes do día:

Díaz Castro

Os nosos dous karaokes.... :-)



Que máis actividades para o Día das Letras Galegas?

No hay comentarios:

Publicar un comentario