domingo, 23 de febrero de 2014

FEBREIRO: Celebrando o Entroido

O venres 28 de febreiro o noso colexio celebra o Entroido, para iso, o equipo docente está  a preparar, durante a semana as actividades que se levarán a cabo, coa axuda do ENDL e do equipo de AACC

Estes foron os materiais para traballar nas aulas.

PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS
Indispensable, durante todas as celebracións, no Entroido a axuda das famílias céntrase na colaboración para facer os disfraces.
Durante a semana, o alumnado degustou no comedor as sobremesas típicas de Entroido elaboradas nas súas casas.
Esta é só unha mostra:



ACTIVIDADES PARA O FESTIVAL DE ENTROIDO

Durante as dúas semanas anteriores, o alumnado axudado polos profesores viven a animación destas festas tradicionais, decidindo o estilo das súas comparsas, deseñando os disfraces e elaborándoos nas clases de plástica.

Aquí podedes ver os disfraces de todas as clases:





O venres de Entroido, celébrase o festival, coas seguintes actividades:

- Mercado solidario (10.30 - 11.30):

O alumnado de terceiro ciclo, en comparsa da Guerra das Galaxias, tomará a vila, vendendo produtos elaborados no centro, a partir de obxectos reciclados, con fins solidarios. O mercado estará aberto no Centro de Saúde de Becerreá e na Praza dos dous Canos.
Estes son os produtos:

E estas son imaxes do día:




- Desfile no Polideportivo escolar (11.45-12.30)

Emulando os grandes desfiles, o polideportivo do cole énchese de música, cores e alegría. 
Aberto a toda a Comunidade Educativa, o desfile é a ocasión perfecta para disfrutar da alegría das nosas comparsas. As comparsas coas que contamos son:


Educación Infantil: "Mundo Disney"
1º Primaria: "Os Pitiños"
2º Primaria: "Ratos Minnie e Mickey"
3º Primaria: "Cantantes"
4º Primaria: "Indios e vaqueiros"
5º e 6º Primaria: "Star Wars"

Estas son imaxes do día:

- Zonas de xogo (12.30-13.30)

Rematado o desfile, comezan os xogos. Hai tres recunchos diferenciados:

-O xogo da Voz, dirixido pola titoría de 3º de primaria, permite a quen o desexe, participar nun concurso musical
-O xogo da Rá, creado para a ocasión pola titoría de 1º de primaria, proba a puntería dos que se atrevan a xogar.
-O tiro á Corda é xa un clásico que non podemos esquecer...

-Degustación de produtos típicos (12.30 - 13.30)

Coa colaboración das familias, todos seguiremos a disfrutar da gastronomía típica desta festividade, e haberá momentos para todo, entre xogo e xogo... Pais, alumnos e profesores compartindo conversa, sorriso e doces...
Estas son imaxes do día:





-Paseo pola vila

A partir do fin do desfile, o alumnado de 5º e 6º acompañado por parte do seu profesorado, irá ata a Praza dos dous Canos, lucindo a súa comparsa galáctica...


No hay comentarios:

Publicar un comentario