Aparte do traballo nas aulas, fixemos unha actividade común, O Arco da Vella da Paz, que se pode ver na entrada do centro. Nel, alumnos, profesores e visitantes deixaron a súa palabra da Paz, coloreando un, inicialmente branco, arco da vella.
Participaron nesta actividade os alumnos do Proxecto eTwinning portugueses e turcos, polo que o noso arco da vella ten palabras en galego, en castelán, en portugués e en turco. A profesora de inglés traballou este vocabulario co alumnado, polo que a súa achega tamén foi de considerar. É por tanto un arco da vella multilingüe, como corresponde ao traballo do noso ENDL.
Podedes ver como se desenvolveu neste video:
Igualmente, durante as semanas previas a esta, a profesora de música, en colaboración cos titores, organizou unha divertida actividade que se converteu nunha Mensaxe de Paz e de Cor Esperanza para todos e que, sen máis explicación, que limite a sorpresa, vos deixamos neste vídeo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario