Chegan as vacacións e con elas o desexo de non traballar, disfrutar da familia, dos xogos, dos paseos...
Durante o Nadal, levade ao voso neno ao lugar máis fermoso da vosa parroquia. A ese que vos encanta polo motivo que sexa. Alí facede fotos ou video, disfrutade do lugar e compartídeo connosco. Despois, enviádenos ese material ao correo sextosanxoan@gmail.com (ou entregádeo no cole á volta do nadal) coa seguinte información:
LUGAR (Importante recoller ben este
dato porque despois imos localizalo en mapas físicos e on line)
PARROQUIA
VISITA DE INTERESE PORQUE…
A NÓS GÚSTANOS PORQUE…
Formará parte dun repositorio que utilizaremos para traballar a competencia lingüística (redacción), a dixital (procesamento de imaxes, publicación web), a matemática (clasificación), a de coñecemento e interacción co mundo físico (localización en mapas) e, sobre todo, o descubrimento deste noso contorno, o recurso máis valioso que temos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario