viernes, 2 de mayo de 2014

ABRIL: GRAVANDO CURTAMETRAXES: OUTROS OFICIOS, OUTROS MUNDOS




Unha das actividades que se levaron a cabo para a súa presentación na Semana das Letras Galegas é unha curtametraxe para difundir o poema "Penélope" de Díaz Castro, autor homenaxeado este ano.

O alumnado de 5º e 6º, organizado polo profesorado do Plan Proxecta en colaboración co ENDL, puxo en marcha unha escenificación que foi gravada por Bruno Pena Calvo, un estudante de Comunicación Audiovisual na Universidade da Coruña, con experiencia práctica no desenvolvemento deste tipo de curtas. (Ver perfil profesional de Bruno Pena)

A experiencia foi moi enriquecedora e puxo en marcha a curiosidade por un novo oficio, dentro dos que xa estamos estudando: a dirección e realización cinematográfica, que queda pendente para máis adiante e que se resolverá coa celebración dun obradoiro, de cara a fin de curso.

Contar con Bruno foi unha axuda inestimable. A súa profesionalidade e a ocasión de utilizar os materiais profesionais de gravación que foron cedidos pola Universidade da Coruña, permitiu sentir actores aos nosos nenos, que escenificaron o poema segundo as súas directrices.

Este é o tempo de montaxe. Publicaremos a curta na Semana das Letras Galegas.

Grazas, Bruno, polo esforzo e pola profesionalidade. Grazas, tamén, á Universidade da Coruña polo empréstito de equipamento técnico.




1 comentario:

  1. Grazas a vos por darme a oportunidade de facer este traballo, e seguir aprendendo máis cousas do incrible mundo no que me estou formando!! Vémonos pronto!!

    ResponderEliminar