domingo, 18 de mayo de 2014

MAIO: Finalizando a Semana das Letras Galegas

Para finalizar esta semana de celebracións, outra curtametraxe, nesta ocasión é a feita polo profesorado e alumnado do IES POETA DÍAZ CASTRO, de Guitiriz, que constitúe unha fermosa homenaxe ao autor e unha enternecedora achega á súa vida.
Non vola perdades e sentiredes que "a beleza fire para sempre"

OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS





miércoles, 14 de mayo de 2014

MAIO: A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Do 12 ao 16 de maio estamos de festa no colexio. É a Semana das Letras Galegas. Un momento para deternos a festexar a nosa cultura e a nosa língua dun xeito máis especial.
Por iso, o equipo docente en colaboración co ENDL e en relación co Plan Proxecta, organizamos as seguintes actividades:

LUNS 12: CONTACONTOS

O alumnado de 3º e 4º escribiu, de xeito colaborativo dous contos en Storybird. Eses contos están colgados neste enlace, da Semana do Libro.
Na tarde do luns, os contacontos foron especiais, os propios nenos contaron e ensinaron a súa obra en galego aos pequenos de primeiro ciclo e educación infantil.
Mirade as imaxes do día:



MARTES 13: DANZAS REXIONAIS E MAIOS

Blanca Villar Naveira a profesora que ensina aos nosos pequenos a bailar ao xeito tradicional, achegouse á escola para contarnos o que significa ser profesora de bailes rexionais. A entrevista, levada polos alumnos de terceiro ciclo foi moi interesante e está encadrada nos estudos levados a cabo para os oficios do contorno do Plan Proxecta.




Despois da entrevista, Blanca organizou un maio, coa colaboración de todos os alumnos, no patio do colexio. Para este maio, as familias colaboraron enviando ramas e flores que os nenos colocaron.


Mirade como se desenvolveu o día.









XOVES 15: MÚSICA FOLK E DÍAZ CASTRO.

Para o xoves, a xornada foi variada, por unha banda, continuamos con músicos galegos, polo que disfrutamos do vídeo que o grupo folk Estoupa Caldeiros fixo para contarnos como se traballa para levar adiante un grupo como este, durante máis de 30 anos, disfrutando da experimentación musical, da festa e da tradición, e construíndo un legado que deixar ás novas xeneracións de "Estoupas"





Despois, puidemos aprender algo sobre quen foi Díaz Castro, coa liña do tempo que preparou o IES San Paio, para as Letras Galegas deste ano.








Por último, hoxe fixemos a estrea da nosa curta sobre Díaz Castro e o seu poema Penélope, que dirixiu e produciu Bruno Pena Calvo. Neste enlace podes seguir como se fixo a curta.


Aquí vos deixamos a nosa obra:




VENRES 16: PROFESORES DE MÚSICA E ACTUACIÓNS MUSICAIS


Neste día o colexio encheuse de música tradicional. Comezamos coa entrevista a Pablo Pintor Sánchez, profesor da Escola de Música de Becerreá, profesor dalgún dos nosos alumnos e dalgún pai da nosa comunidade educativa.
Na entrevista, descubrimos como é o oficio de músico tradicional, das dificultades de vivir da música, do percorrido profesional de Pablo... Soubemos como é e como soa unha gaita galega... E aprendimos que de canas podemos facer instrumentos musicais, como fixeron os nosos antergos.
De novo a música como parte activa na festa e na alegría, pero tamén na adquisición de importantes valores: a disciplina, o traballo, a aprendizaxe, o esforzo, o compañeirismo...
Podedes ver aquí un vídeo explicando como é e funciona unha gaita.
Logo da entrevista, xuntáronse a Pablo Suso e Óscar, pais de Marco e Martín de 3º, Alberto para acompañalo coas súas gaitas, e Adela, nai de Xoel de Educación Infantil, ao bombo. Neste particular grupo non faltou Diego, alumno de 6º, coa súa gaita.


A continuación podedes ver imaxes do día e vídeos da actuación.





Pero a todo gran día corresponde un gran momento. Para nós foi interesante pechar o acto cunha alegre canción. Así que os alumnos de 5º e 6º prepararon na clase de música esta actuación. Non vola perdades!



(Ver aquí a versión orixinal de Paco Nogueiras)

VER TODAS AS IMAXES DO DÍA. 



ENLACES DE INTERESE NA NOSA CELEBRACIÓN DO ANO DE DÍAZ CASTRO:



VER MÁIS IMAXES DESTA SEMANA



martes, 6 de mayo de 2014

MAIO: Preparando a Semana das Letras Galegas



Un puco de historia. A vida de Díaz Castro nunha liña do tempo elaborada no IES San Paio:



As actividades que temos previstas para a semana que vén son as que seguen:

LUNS 12

Inauguración da Semana das Letras Galegas e da decoración alusiva.

15:30 Na aula de Informática (para 1º e 2º) e en  usos múltiples infantil (para E.I.) Os alumnos de 3º e 4º lerán os contos  elaborados colaborativamente con Storybird, co gallo da Semana do Libro.

MARTES 13

13.20 Entrevista a Blanca, profesora de bailes tradicionais galegos e veciña de Neira de Rei. Para alumnos de Educación Primaria. (Salón de actos)
Ao finalizar a entrevista, o alumnado de infantil e primaria poderá ver a representación dun maio no patio.

MÉRCORES 14

13.20: Para todo o alumnado e profesorado, no salón de actos.
Quen foi Díaz Castro? Percorrido pola súa vida.
Presentación da curtametraxe elaborada no colexio para a celebración do Día das Letras Galegas.

XOVES 15

13.45: Para primaria.
Presentación do video elaborado por Estoupacaldeiros, grupo folk que nos falará sobre a música tradicional como unha expresión da cultura propia.


VENRES 16

11.15, no salón de actos, para Educación Primaria. 
Entrevista a Pablo, profesor de música tradicional en Becerreá. 
Esta entrevista, xunto coa de Blanca, do martes 13, estarán dentro da liña de traballo do Plan Proxecta, cun oficio máis: Ser músico.

12.10, no vestíbulo do colexio, para toda a comunidade educativa. 
Actuación de Son de Cores, grupo folk de Becerreá, e parte da nosa comunidade educativa.
Actuación de bailes tradicionais galegos do grupo de alumnos de infantil.
Actuación de todo o alumnado coa canción "O mundo é meu", preparada coa profesora Gema, nas clases de música, para o día de hoxe.


viernes, 2 de mayo de 2014

ABRIL: GRAVANDO CURTAMETRAXES: OUTROS OFICIOS, OUTROS MUNDOS




Unha das actividades que se levaron a cabo para a súa presentación na Semana das Letras Galegas é unha curtametraxe para difundir o poema "Penélope" de Díaz Castro, autor homenaxeado este ano.

O alumnado de 5º e 6º, organizado polo profesorado do Plan Proxecta en colaboración co ENDL, puxo en marcha unha escenificación que foi gravada por Bruno Pena Calvo, un estudante de Comunicación Audiovisual na Universidade da Coruña, con experiencia práctica no desenvolvemento deste tipo de curtas. (Ver perfil profesional de Bruno Pena)

A experiencia foi moi enriquecedora e puxo en marcha a curiosidade por un novo oficio, dentro dos que xa estamos estudando: a dirección e realización cinematográfica, que queda pendente para máis adiante e que se resolverá coa celebración dun obradoiro, de cara a fin de curso.

Contar con Bruno foi unha axuda inestimable. A súa profesionalidade e a ocasión de utilizar os materiais profesionais de gravación que foron cedidos pola Universidade da Coruña, permitiu sentir actores aos nosos nenos, que escenificaron o poema segundo as súas directrices.

Este é o tempo de montaxe. Publicaremos a curta na Semana das Letras Galegas.

Grazas, Bruno, polo esforzo e pola profesionalidade. Grazas, tamén, á Universidade da Coruña polo empréstito de equipamento técnico.




jueves, 1 de mayo de 2014

ABRIL:COMPARTINDO EXPERIENCIAS

O noso centro está a desenvolver o proxecto europeo eTwinning “The Story of my house”, co alumnado da aula de PT. 

Nunha campaña de difusión destes proxectos, organizada pola Embaixada eTwinning, os alumnos de 6º de primaria do CEIP Rosalía de Castro, en Lugo, foron convidados a participar nunha das nosas actividades. Días antes, o alumnado de 5º do noso centro fora tamén convidado a participar. 


Trátase de completar unha enquisa para valorar as modificacións que houbo na poboación das nosas casas familiares, desde os nosos avós ata hoxe. Somos conscientes de que o número de persoas que vivían nas casas dos nosos avós, cando eran nenos, é moito maior ao número de persoas que comparten a vivenda con nós. Agora queremos contabilizar gráficamente iso. 

Esta actividade foi a elixida para compartir porque nos permite non só difundir o noso traballo, senón darlle rigor á nosa enquisa, ao facer maior e máis variado o número de persoas participantes. 

O alumnado e profesores participantes recibiron materias promocionais cedidos polo Servizo Nacional eTwinning

Foi un pracer visitar este centro e compartir o noso traballo con eles. 

Podes ver a descrición da actividade e a solución da mesma no Blog do eTwinning. 

Podes ver aquí a nova no Blog da Embaixada eTwinning.