viernes, 27 de septiembre de 2013

SETEMBRO: RECOLECTORES E COCIÑEIROS

Co mes de setembro chega a recolleita de moitos froitos para o aprovisionamento invernal: cereais, froitos, patacas...
Nós fomos protagonistas dunha peculiar e moi doce recolleita:

A recolleita de moras!

Os alumnos de terceiro ciclo asistiron a un obradoiro de elaboración e conserva de mermelada. O traballo tivo as seguintes fases:

1. RECOLLEITA DE MORAS SILVESTRES: A carón do recinto escolar, apañamos moras para elaborar a mermelada.
2. OBRADOIRO DE ELABORACIÓN E CONSERVACIÓN DE MERMELADA DE MORA: Coa inestimable colaboración de Virginia Millán aprendimos todo o proceso para facer mermelada e conservala para todo un ano.



A participación do alumnado:

 
Jéssica e Lucía repásanvos a receita.


3. DECORACIÓN E ETIQUETADO DOS FRASCOS: porque a nosa mermelada ben merece unha presentación adecuada!

4. TRABALLANDO NA CLASE... Aquí podes acceder á unidade didáctica que levamos á clase para o traballo con este tema.



5. QUE FAREMOS CON ELA?

Non vos perdades o próximo capítulo.... 

1 comentario:

  1. ENHORABOA polo fabuloso traballo que estades a facer os do 3º ciclo,os da aula de PT ,..... TOD@S!!!!! devezo por unhas culleradas de esa mermelada!!!!!! con pan e mantequilla,con galletas,con queixo de Burgos,no iogur,nas tostas,no bizcoito,nas madalenas.....UFFF vou poñerme MORADA!!!!

    ResponderEliminar