martes, 5 de febrero de 2013

FEBREIRO: SEGURIDADE EN INTERNET

O día 5 de febreiro é o Día Internacional para a Seguridade en Internet. O noso centro celebrou hoxe unha actividade para 4º, 5º e 6º, á que estaban, tamén, convidadas as familias.

A actividade consistiu nunha charla a cargo de Ramón P. P., un garda civil que, no marco do Plan Director para a Convivencia e mellora da Seguridade Escolar, explicou cales eran os riscos do uso das redes sociais e dos programas de comunicación on line.

No transcurso da charla, que durou dúas horas, o alumnado mostrou unha actitude participativa, consultando todas as cuestións que lles ían xurdindo ao escoitar as experiencias do relator.

No centro quedan, a disposición das familias, a presentación feita por Ramón P. P. e un documento que recolle normas que melloran a seguridade en Internet no ámbito familiar. Para solicitalo, podedes pasar polo centro ou enviar un correo electrónico (ceip.sanxoan@edu.xunta.es).

Deixamos aquí os videos que Policía Nacional e Garda Civil lanzaron para a campaña que hoxe inicia.





Ver video da Policía Nacional para a seguridade en Internet, coa colaboración de varios famosos españois. Pincha aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario