O día 28 de xaneiro os alumnos de terceiro, que levan un tempo a investigar sobre a vida dos dinosaurios farán unha sesión formativa para os alumnos de quinto e sexto. A experiencia de formación entre iguais levarase a cabo no programa de actividades da aula TIC.




Aquí tes máis información sobre esta nova.
Este é o vídeo do inicio da sesión
Este é o vídeo do inicio da sesión

O día 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz. Nós, especialmente interesados en educar os nosos alumnos nun contexto tolerante e pacífico, queremos aproveitar toda esta semana para reflexionar sobre a súa importancia.
